A actual alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presentaba este sábado a súa equipa para as eleccións municipais do 28M coa intención de "dar a coñecer máis de preto as persoas coas que traballarei os vindeiros catro anos" se consigue revalidar a Alcaldía. O lugar escollido para o acto foi a Praza de Ponteareas, por ser “un lugar símbolico e representativo da miña xestión no Goberno. Demostrando que se pode avanzar e transformar infraestructuras degradas para melloralas e ofrecer mellores servizos á cidadanía. Redondela hoxe é progreso e luce transformada gracias o apoio das persoas que escolléronme como alcaldesa”, explicaba Rivas.
O evento estivo amenizado polos músicos Xulio Lorenzo e Diego Bea e incorporáronse elementos audiovisuais como apoio á presentación. María Rita Pérez Táboas, Secretaria de Organización do Partido Socialista de Redondela, abría o acto dando “as gracias unha vez máis por estar hoxe aquí e por demostrar con esa presenza o voso compromiso, ese xeito de ser que as e os socialistas levamos no ADN e que nos fai traballar, con cada xesto por moi pequeno que pareza, a prol das nosas veciñas e veciños”.
Despois de ofrecer un vídeo resumo de todas as persoas que conforman a lista, estas foron incorporándose de forma ascendente segundo o seu posto. Os cinco primeiros postos da lista están conformados da seguinte maneira: En primeiro lugar a actual alcaldesa de Reondela, Digna Rivas, seguida de Pilar Martínez, Antonio Cabaleiro ocupa o terceiro posto, Rita Pérez será a cuarta na lista e, de quinto, Pedro Villaverde.
Pilar Martínez foi a encargada de dar paso á número un, Digna Rivas, cun discurso no que tendeu a man con ilusión para ofrecer o seu traballo e experiencia. “Estou aquí, estamos aquí, para o que necesitedes, coa seguridade de que faremos todo o posible para solucionar os problemas que se presenten. A mentira ten as pernas moi curtas. Non vos fiedes de promesas que non se poden verificar. A dereita e os seus políticos no Parlamento son o mesmo que en Redondela”, dicía no seu discurso Martínez.
Digna Rivas describía a súa equipa como “homes e mulleres comprometidos cos seus veciños e veciñas; persoas dispostas a traballar arreo para mellorar Redondela. Xente nova, comprometida a nivel deportivo, social, cultural e veciñal. Xuventude vinculada estrictamente a Redondela. Homes e mulleres dispostos a mellorar, co seu esforzo o nivel de benestar da veciñanza e, volvo a repetir, sin mirar a cor política. Iso é, simplemente, o significado da palabra compromiso que todos e cada un delas e deles teñen perfectamente asumido”.
Durante o acto a número un do PSdeG de Redondela tivo palabras críticas para a xestión da Xunta de Galicia, pois segundo explicaba “hai catro anos, a Xunta bloqueou toda canta iniciativa propúxose dende o Goberno que presido e, o que é aínda máis grave, co aplauso do PP local ao que lle daba igual que o Goberno da Xunta, o que debería ser o Goberno de todas e todos os galegos, prexudicaba e vulneraba os dereitos das e dos redondeláns. As reforma da Avenida Mendiño e a Avenida de Vigo en Chapela son dous claros exemplos de partidismo levado ao seu punto máis extremo”. Engadía o importante papel da Deputación de Pontevedra para levar a cabo os proxectos do seu goberno, “Aínda que xa o dixemos por activa e por pasiva, é preciso volver a repetilo: foi a Deputación de Pontevedra á que brindou axuda aos concellos e, como goberno socialista que é, o fixo sen mirar a cor política dos concellos que precisaban de recursos. É así como traballamos as e os socialistas, antepoñendo as necesidades da cidadanía a calquera consideración partidista”.
Rivas apoiouse nos feitos e nos proxectos realizados nos últimos catro anos para defender a súa candidatura, destacando “a recuperación de espazos infravalorados para o esparexemento da cidadanía como é o caso da Senda Verde, convertido nun dos lugares de ocio por excelencia do municipio, ou a humanización e reforma da Av. de Santa Mariña; traballamos arreo para conservar e dar a coñecer o noso patrimonio artístico e cultura. Redondela é o cuarto municipio da provincia e os veciños e veciñas merécense infraestructuras á altura. Así que lle procuramos unha entrada digna na contorna da Praza de Ponteareas, unha das principais entradas á vila, convertida nun lugar de convivencia cidadá e anuncia, as persoas que nos visitan, que están nun concello en pleno desenvolvemento social, económico, político e cultural.
“Como dixen hai catro anos, cando soñabamos con cambiar o rumbo, ou mellor dito, a falta de rumbo dun Concello apático e partidista, as e os socialistas non prometemos nada nas campañas electorais, nos comprometemos que é ben distinto”, concluía Rivas.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL