O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar nesta aldea de O Porriño do 16 ao 20 de maio, elexiu para a súa sección competitiva “Furacáns” un total de dez curtametraxes, das cales seis serán estreas e oito delas (un 80% do total) están dirixidas por mulleres cineastas. Furacáns, adicada ás obras de non ficción e a autores que na maioría dos casos asumen riscos narrativos afastándose de fórmulas máis convencionais, é unha sección que experimentou un gran crecemento nos últimos anos e atrae a un tipo de público ávido de ensanchar a súa mirada.
A sección terá nesta oportunidade unha maioría aplastante de mulleres cineastas, xa que oito das dez obras seleccionadas están dirixidas por realizadoras, nun grupo que mextura cineastas experimentadas con creadoras emerxentes e interesantes debutantes.
Entre as estreas que terán lugar en Cans estarán “My Truth”, unha interesantísima curta que reflexiona sobre a conexión entre imaxes e diferentes testemuñas relacionadas coa saúde mental, dirixida pola debutante Marta Bouzas ou “Ningún Deus”, de Miriam Opazo, un orixinal e profundo achegamento autobiográfico ao entroido ourensán a través das máscaras, a identidade e a iconografía.
Tamén se poderá ver por primeira vez rematada a obra “Notas sobre a violencia” de Marta Valverde, unha impactante montaxe sobre a normalización da violencia na vida cotiá a partir de textos de Remedios Zafra. Outra das estreas absolutas que poderemos ver nesta sección de non ficción é “Envés”, o novo traballo da cineasta Ángeles Huerta, directora do filme “O Corpo Aberto”, no que experimenta na construcción de imaxes partindo dun diálogo cos versos da poeta Rosalía Fernández Rial.
As dúas obras que terán a súa estrea en Galicia son “Tegoyo” de Guillermo de Oliveira e “A Lingua resiste no estómago dun agricultor morto” de Acacia Ojea. Esta última toma un título da poeta Lupe Gómez, da que extrae moitos dos seus versos para indagar nun proceso de dixestión da identidade e o respecto pola terra e a tradición. Pola súa banda, “Tegoyo” é o novo traballo de Guillermo de Oliveira, que en 2019 foi finalista dos Goya ó mellor documental por “Desenterrando Sad Hill”. Oliveira rodou esta curta en Lanzarote, tutelado polo mítico cineasta Werner Herzog, e colocou a experiencia sonora e sensorial no centro do relato. En Furacáns tamén estará a curta “Hondarrak”, de Marta Gómez e Paula Iglesias. Unha mirada con perspectiva feminista, que pasou por Zinebi ou o Festival de Nova Orleáns, que afronta a crisis dos coidados e cuestiona un modelo que permanece inamovible. As autoras foron tamén en 2021 finalista dos Goya á mellor curta documental por “Solo son Peces”. O achegamento á memoria histórica desde unha ollada contemporánea tamén está presente nesta sección con “Mariví, na pel da memoria” das irmáns Coral e Laura Piñeiro, sobre a vida de resistencia da galega Mariví Villaverde.
As curtas que completan a sección son “O Amor É Agua que corre”, da cineasta Claudia Pineda (que xa o pasado ano pasou por esta sección) onde constrúe un ensaio poético sobre o amor ligado á vida e á norte e “Malgrat”, un relato autobiográfico construido a partir dun arquivo familiar, obra de Santi Teijelo.
Desde este venres poden mercarse xa as entradas para a sección competitiva “Furacáns”, que terá lugar o sábado, 20 de maio. Poñeránse á venda só 150 entradas a un prezo de 6 euros, que poderán mercarse na tenda do festival (premer aquí). Por outra banda, esta fin de semana remata a oferta de lanzamento do pack de entrada mais camisola, mais catálogo do festival e chapa de edición limitada por só 20 euros. Quedan só 70 unidades da cantidade inicial de 300 que se puxeron á venda, e o prezo cambiará a 29 euros unha vez rematado o tempo da oferta
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL