O cine de Peter Emanuel Goldman e dos brasileiros Ozualdo Candeias e Aloysio Raulino protagoniza a xornada do domingo, na que se entregarán ademais os premios de Play-Doc 2018. O cineasta neoiorquino Peter Emanuel Goldman, xa centro de atención onte co arranque da súa primeira retrospectiva integral, terá un encontro co público aproveitando a proxección do material perdido de The Sensualists. Empeza a homenaxe do festival a Ozualdo Candeias, co filme Aopção ou As Rosas da Estrada, e continúa a retrospectiva de Aloysio Raulino, outros dos nomes en maiúsculas desta edición. Un domingo no que ademais veremos unha película en competición, Lamaland de Pablo Sigg, e La Noire de... unha xoia do cinema africano incluída no ciclo (Anti)heroínas. Pola súa parte, o cineasta galego Eloy Enciso pecha os “procesos” de 2018 contándonos os segredos da construción do seu último proxecto: Longa Noite.
Peter Emanuel Goldman e a súa obra continúan a ser o foco de atención o domingo en Play-Doc tras a xornada do sábado na que puidemos ver o título máis emblemático do cineasta neiorquino: Echoes of Silence. En 1965, Goldman filma The Sensualists (1965), un filme erótico no que o autor parodiaba os grandes nomes do cine do momento: Godard, Truffaut, Bertolucci. Incomprendida pola produtora polo seu carácter artístico e experimental, a película, sobre a que o director Brian de Palma fixo unha divertida reseña no Village Voice, foi exhibida por última vez en 1968. Play-Doc en colaboración coa Cinemateca Francesa recupera agora o material perdido de The Sensualists. Non se nos ocorre mellor pretexto para organizar o encontro do píublico co autor no 14º Play-Doc.
Xa en Francia roda Wheel of Ashes (1968), protagonizada por Pierre Clémenti e que foi seleccionada nalgúns dos mellores festivais de cine do momento como o de Venecia, ao redor dun mozo perturbado e atormentado, que se illa do mundo coa esperanza de atopar a Deus a través do misticismo oriental. O domingo en Play-Doc.
Tras formar parte da sección oficial do festival de Cine de Rotterdam chega a Play-Doc dentro da sección competitiva o singular filme “Lamaland (Teil 1 1)” do mexicano-suízo Pablo Sigg para estrearse en España; un documental realizado en Nueva Germania (Paraguai) cos sobrevivintes directos da comunidade utópica fundada a finais do século dezanove pola irmá de Nietzsche, Elisabeth Förster-Nietzsche no sur da Amazonia. O domingo 29 na noite terá lugar a entrega de premios do festival cuxo xurado deste ano está formado polo crítico e programador arxentino, Roger Koza, a responsable de programación da Cinemateca Francesa, Caroline Maleville, e a directora de programación da plataforma MUBI, Chiara Marañón.
Play-Doc rende homenaxe a Ozualdo Candeias, pioneiro no “cinema marginal” do seu país, do que se cumpre o centenario do seu nacemento. Fillo de labregos, o seu currículum antes de tornar a cineasta pasou polo agro, os taxis, a metalurxia ou os camións. Un dos máximos expoñentes do cinema de autor brasileiro, comeza a facer cine amateur nos anos cincuenta e foi un dos primeiros en filmar en Boca de Lixo, unha área de São Paulo coñecida pola súa marxinalidade, inaugurando un movemento que atoparía inspiración nesta zona e que a convertiría en base do cinema independente de Brasil. O prestixioso festival BACIFI, que celebrou en Buenos Aires a súa edición número vinte este mesmo mes de abril programou en 2018 a primeira retrospectiva internacional de Candeias. En Aopção ou As Rosas da Estrada (1981), Candeias baséase en experiencias persoais para denunciar a difícil situación de explotación laboral das mulleres campesiñas, que cortan cana de azucre e malviven en destartalados barrios ao longo da autoestrada.
O domingo 29 máis cinema brasileiro en Play-Doc coa proxección de Serras da Desordem de Andrea Tonacci con fotografía de Aloysio Raulino, en retrospectiva este ano en Tui. Escapando do masacre da súa tribo Awa-Guajá en 1978, Carapiru vivirá errante e só polas serras do centro de Brasil, ata que 10 anos máis tarde será atopado a 2.000 km de distancia do lugar de onde fuxiu. Andrea Tonacci xunto a Carapiru reconstrúe esta odisea mediante recreacións e material de arquivo.
O cuarto título do ciclo (Anti)heroínas proxéctase o domingo. Realizada por Ousmane Sembène, “o pai do cine africano”, en 1966, La Noire de…pasou á historia como a primeira película realizada por un director negro na África subsahariana, e en ter a unha muller como protagonista. A medio camiño entre a narración tradicional africana, o neorrealismo e o cine experimental, esta moi celebrada ópera prima que relata as desventuras dunha moza senegalesa que vai a Francia a traballar no coidado dunhas crianzas, obtivo o prestixioso galardón Jean Vigo o ano da súa estrea. A pesar de restaurarse en 2015, este clásico continua sendo un grande descoñecido para o público xeral.
O cineasta Eloy Enciso pecha a triada de realizadores que explican neste 14º Play-Doc os seus procesos creativos ao público. Se o venres foron Oliver Laxe e Lois Patiño quen contaban os seus segredos e referencias á audiencia, o domingo será Enciso quen fale do seu proxecto en construcción Longa noite. Un filme persoal sobre a memoria, represión e posguerra con textos de autores como Luis Seoane ou Ramón de Valenzuela. Segundo Beli Martínez, programadora de cinema galego no festival, nestas sesións “os directores convértense en programadores e convidan a compartir eses pequenos documentos e traballos que dalgún xeito marcarán o seu camiño".
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL