A segunda edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 20 e 21 de xullo, suma a The Limboos, Mujeres e Cala Vento. As bandas estarán acompañadas polas diversas propostas musicais de formacións como Mueveloreina, Nathy Peluso, Depedro, Esteban & Manuel, Bigott, Las Odio, Abraham Boba DJ SET (León Benavente) ou o concerto de Sidonie.
The Limboos xurdiron da nada fará cuestión de catro anos. Ás poucas semanas, gravaron un single, tomaron a estrada e non pararon de dar voltas ata hoxe. A banda estivo paseando a súa "Rhythm & Blues Exótico" por media Europa cun show dos que non se esquecen facilmente. O seu primeiro LP "Space Mambo" (Penniman Records, 2014) pillou por sorpresa a todo o mundo -medios incluídos-, e as súas cancións e directos engancharon a todo tipo de público, sumando adeptos máis aló do circuíto do rock and roll. No seu segundo LP, "Limbootica!", a banda prosegue a súa viaxe ao corazón do ritmo, un periplo ao centro da mellor música de raíz, investigando e crecendo en cada recodo do camiño.
Mujeres son un sopro de aire fresco dentro da nosa escena, unha formación subterránea nada en Barcelona que -con referentes como 13th Floor Elevators, Los Saicos ou The Monks, e un son corrosivo con influencias do garage, o rock and roll e o punk- lograron converterse rapidamente nun referente. É fácil emparentarlos con bandas como os Black Lips, pero Mujeres mostran unha proposta persoal e un traballo honesto altamente exportable. De feito, alcanzan unha importante repercusión en países como Inglaterra, Francia, Italia, Holanda ou Estados Unidos.
Cala Vento non é unha banda común. Coa súa proposta a dúo de soamente guitarra, batería e un par de voces conseguiron facerse un lugar na escena estatal a golpe de hits. As súas cancións, certeiras como poucas, con letras brillantes e un pulso dramático atronador, manteñen a atención do oínte desde o primeiro instante e xa non a abandonan, con detalles de calidade a cada recuncho, sensibilidade por milleiros e unha enerxía xuvenil que si é a que fai do rock un xénero tan especial e necesario. A súa participación en festivais como Primavera Sound, SXSW en Austin, TX ou Monkey Week serve simplemente para consolidar a súa proposta aínda máis.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL