A primavera comeza cunha interesante proposta para descubrir e gozar dos tesouros de Moaña. A vila morracense recupera para esta estación do ano “Descubre Moaña”, o programa de rutas guiadas e gratuítas que nesta nova tempada incorpora dous novos percorridos, a espectacular Torre de Meira e outra proposta que permitirá coñecer a historia das rúas da vila da comarca do Morrazo. Estas dúas novidades poderanse gozar no mes de xuño. Antes, en abril e maio, os amantes da natureza e da historia poderán desfrutar de opcións como as rutas por San Martiño, as Canteiras do Litoral, a Moaña Mariñeira, o Sendeiro da Fraga e o de Rialdarca ou un paseo polos escenarios que inspiraron a Domingo Villar na novela “O último barco” protagonizada por Leo Caldas.
Todas as rutas da nova tempada de “Descubre Moaña” comezarán ás 10:30 horas, excepto as da Poza da Moura, que arrincarán ás 10:00 horas. Os percorridos son de balde, pero é preciso inscrición previa para reservar praza. As persoas interesadas poden apuntarse a través do número de WhatsApp 611 080 853.
Outra das novidades nesta edición de “Descubre Moaña” será que todos os asistentes a estas rutas de primavera participarán no sorteo de catro pases individuais para o Club Termal do Spa Bienestar de Moaña e se non resultan agraciados se beneficiarán dun desconto directo do 15%.
O obxectivo dunha das novidades do novo programa de "Descubre Moaña" é poñer en valor a contorna desta torre que ata fai pouco tempo permanecía soterrada e pouco se coñecía da súa historia. Despois das escavacións realizadas, comézase a desvelar parte dun pasado incerto que inclúe diversas destrucións nas que interviñeron os irmandiños ou o mesmo Pedro Madruga. Na ruta ademais de interpretar as descubertas que se fixeron na torre, os asistentes coñecerán tamén os petróglifos situado a poucos metros, e gozarán das vistas dende un dos mellores miradoiros de Moaña, razón da situación da torre neste lugar.
Datas da ruta
Os guías da Asociación A Illa dos Ratos tratarán de que os asistentes vexan o centro da vila con outros ollos. A partir da idea de que os nomes das nosas rúas son deses elementos que asumimos que existen desde sempre e non adoitamos pararnos a pensar no por que do seu nome, deseñaron un percorrido por algúns dos lugares máis salientables e curiosos do rueiro da vila no que se fará referencia a historia de figuras ilustres relacionadas coa política, co mar, coa emigración, coa nosa historia... que polos seus méritos fixéronse merecedores dunha rúa co seu nome.
Datas da ruta
A visita apenas nos obrigará a camiñar, xa que soamente percorreremos a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio.
Datas da ruta
Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.
Datas da ruta
O roteiro partirá dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias, que dende 2006 son as protagonistas da Exposición das Camelias que se organiza cada ano en Domaio. Continuaremos o noso camiño subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira. Atoparemos unha gran cantidade de muíños que agora están abandonados e miraremos ao pasado para recordar o seu importante papel no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona. Voltaremos ao presente para reflexionar sobre o impacto da construción do Corredor do Morrazo actualmente convertido en Autovía, e da Urbanización Golf Domaio sobre esta fermosa ruta. Como premio ao noso esforzo dos participantes chegarase á mítica Poza da Moura de Domaio que se converteu nos últimos anos nun lugar moi visitado pola súa beleza, encanto e historia.
Datas da ruta
O turismo literario ocupa un papel fundamental nesta nova proposta de “Descubre Moaña”. Non é para menos. “O último barco”, o terceiro libro de Domingo Villar, é un éxito a nivel galego e nacional. Xente de tódalas partes ten curiosidade por visitar os escenarios da última aventura de Leo Caldas. Neste caso, os guías de A Illa dos Ratos levarán aos participantes por lugares fundamentais na novela como a Igrexa de San Xoán de Tirán, o Mirador da Moma ou o Marusía, o restaurante que namorou a Leo Caldas.
Datas da ruta
Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.
Datas da ruta
Este percorrido de catro quilómetros, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará para dar a coñecer a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.
Datas da ruta
Os amantes da natureza teñen nesta ruta unha nova forma de coñecer esa Moaña “verde”. O sendeiro Rialdarca non será soamente un encontro coa naturaeza, senón que tamén haberá protagonismo para o patrimonio etnográfico que contén este emprazamento, un lugar no que os membros de A Illa dos Ratos explicarán historias sobre esta senda que conectaba Moaña fai bastantes anos. Durante o percorrido, que terá unha duración aproximada de 90 minutos, explicarase, por exemplo, a utilización dos muíños, infraestruturas que forman parte deste tesouro medioambiental da vila morracense
Datas da ruta
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL