Trinta anos con historia, da que foron protagonistas todos os nevenses. Ese é o centro e o motivo deste 2023, e por iso, este ano, a presentación da ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves, estivo dirixida a eles. Cambiou, así, a tradicional convocatoria aos medios de comunicación para que os cidadáns foran os primeiros en coñecer a programación desta ’30ª edición’, e tamén os primeiros en probar, reunidos na Casa da Xuventude, os produtos que vanse servir os vindeiros día 7 e 8 de abril.
Xabier Fortes será o pregoeiro. Como apuntou Rocio Barreiro, haberá “importantes cambios” en relación coas celebracións e o programa dos anos pasados, así, o ‘showcooking’, que tradicionalmente organizábase, deixa paso ás “orixes do requeixo”, con degustacións e elaboración de pratos elaborados co mesmo. Tamén ábrese unha ‘paréntese’, nos pregóns culinarios, que nos últimos anos tiñan como protagonistas a cociñeiros da sona de Pepe Solla, en 2017; Iván Domínguez, en 2019 ou Iñaki Bretal o pasado 2022, e o pregoeiro será, nesta ocasión, un comunicador, o xornalista Xabier Fortes.
Estas son as catro verbas que definen o requeixo e o mel das Neves. O encargado de pronuncialas foi o presidente da Cooperativa Condado Paradanta, Alejandro Martínez, quen deu a benvida aos novos conversos aos excelentes produtos das Neves e tivo unha lembraza, emocionada, a “todas e todos os que nos precederon, que fixeron posible co seu legado que hoxe esteamos aquí”.
Martínez agradeceu que a nova normativa europea permita, dende hai so uns días, o Goberno galego recoñecese ao Requeixo das Neves como ‘Alimento Artesano de Galicia’, e asegurou que enlaza co eslogan Vive nas Neves, contribuindo a que, cada día, sexa máis atractivo vivir aquí.
Pechou o acto o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, quen asegurou que “a Feira do Requeixo e do Mel está no momento que lle corresponde”. Lembrou que pasaron 32 anos dende que comezara, ainda que só poidemos celebrar 30 edicións, a causa da pandemia, e felicitou que a feira se celebre o venres santo, “foi un acerto de quen pensouno e hai que recoñecelo”.
Por último, o alcalde amosouse satisfeito porque a decisión de engadir un día máis a feira o sábado, e trasladala á Praza Maior, “deulle máis espazo, máis dignidade, mellorou a súa estética e a proxección duns produtos que, como o viño nos levan polo mundo, e iso é vivir nas Neves”.
As actividades deste ano, comezarán días antes da feira, concretamente, o domingo 2 de abril será a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, que rematará en Cerdeira onde haberá unha degustación de pratos elaborados con Requeixo amenizada pola da Banda de Música Popular de Rubiós. As prazas son limitadas e precísase inscrición previa. Por outra banda, nos dous días da feira, estará habilitado un espazo infantil, na carpa situada na Praza do Concello.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL