Case 400 proxectos musicais competían este ano por formar parte da preselección dos Martín Códax da Música. Os premios, organizados pola Asociación Músicos ao Vivo, naceron en 2013 co obxectivo de recoñecer e visibilizar a industria cultural de Galicia no ámbito musical.
A saúde da nosa creación musical vén reflexada no alto número de inscritos dos que, finalmente, foron escollidos 54 nomeados en 18 categorías diferentes que se verán as facianas o vindeiro 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entre todos eles, dez son de Vigo ou a súa área metropolitana, ademais dun festival, o NigranJazz, e a sala El Contrabajo, de Vigo.
Na categoría de pop a representación viguesa vén da man de Eladio y Los Seres Queridos. Despois de gañar o Premio MIN da Música Independente no 2017 a mellor álbum galego por “Cantares”, o grupo presentou o seu “Historias de Caza”, 32 minutos de factura pop. Entre os festivais nos que se poderá desfrutar dos vigueses está o novo macro evento galego “O Son do Camiño”.
No apartado rock, os vigueses de Moon Cresta e IGMIG Ai que lio forman a dupla representante de Vigo. Os primeiros seguen o emblema de “power & funk" para mesturar esforzo e creatividade. Formado por Manu "Doble L", Antón "Piru", Sergio "Sir" Puga e David "Mr. D", o grupo combina o rock co funk pasando polo psychedelic.
Pola súa parte, IGMIG Ai que lio é un trío musical vigués con grandes doses de postpunk, rock progresivo ou electrónica… Improvisación, interacción co público e unha posta en escena eufórica definen a este grupo olívico.
O vigués Yago Vázquez é un dos mellores pianistas do jazz actual despois de ter participado en máis de 30 álbums. O vigués vive hoxe en Nova York, cara onde se mudou en 2008 para completar os seus estudos na New School. Podes leer a entrevista de Yago Vázquez para Metropolitano.gal aquí.
Roberto Oliveira está especializado en música contemporánea, específicamente na súa adaptación á percusión, electrónica e arte visual sincronizado. O salcedense, que realiza concertos como solista, en ensembles ou con orquestras sinfónicas, centra os seus espectáculos nunha “explosión de sensaciones”.
Nesta categoría están tamén nomeadas Son Trío, un grupo feminino de Vigo que une a tres mulleres novas con moi ampla experiencia artística por separado. Formado en 2017 por Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello) acaba de estrear cunha fantástica acollida o proxecto ‘Miña almiña’ baseado na letra de Rosalía de castro e música orixinal propia.
A electrónica tamén conta con representación viguesa nos Martín Códax da Música con Cintaadhesiva, proxecto literario-musical, que sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada, os textos de Silvia Penas van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse.
The Turre´s Band naceu coma un “experimento sociolóxico” alá polo 2001 nas terras do Torroso en Mos, cando trece músicos, fartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso máis. A súa música vai dende o swing/big band, blues, a fanfarria e a ledicia e desenfreno dos ritmos ska e a música balkánika até un dos inventos máis importantes dos últimos anos …a muiñeira-ska.
Dende Tui, Best Boy son un dos favoritos na categoría de blues/funk/soul. Formado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, o grupo que tamén conta con influencias do rock e o pop-folk escapa de calquera categoría ou clasificación. Cada concerto é diferente, íntimo, sen artificios e orgánico. Música en estado puro.
A cantora mosense Uxía vén de gañar o Premio ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente, co seu último disco, UXIA-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL