Despois dos primeiros concertos en cidades como Santiago de Compostela, Vigo ou Vila do Conde, Sandwina aterra este sábado de novo na urbe galega para pechar a xira de presentación do no traballo de The Lákazans que está acaparando o aplauso de crítica e público. O concerto terá lugar na sala "La Pecera", un recital que promete "emoción e sorpresas".
Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’ Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez, volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues todavía máis aínda á música americana, resolvendo con incríble facilidade en rockabillies, countries, souls e swings que non deixarán indiferente a ninguén.
Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ó redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX adicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fio narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida doble, quen lidera la banda e quen lle otorga o seu rasgo distintivo e é por esto, que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural, como símbolo de recoñecemento ante unha realidade para The Lákazans.
Gravado en Pouland Studios, baixo a atenta mirada de Iago Pico que co-produxo este disco xunto con Fran Velo e Benjamín Vázquez, Sandwina é un compendio de 12 temas que satisfará ós seus siareiros máis fieles, pero que también abrirá camiño cara novos públicos, sorprendendo a todo aquel que o escoite. Se por algo se caracteriza este disco é por non deixarse arrolar no acomodamento da fórmula de éxito que xa manexaba a banda. E este é o motivo polo que atopamos temas valentes e arriscados como o maxistral ‘300 pounds of legend’ que abre o disco sen contemplacións e remata cunha improvisación xurdida na propia gravación que deixa unha testemuña vital para a historia do noso blues máis recente.
As entradas para para o concerto en "La Pecera" ten un prezo de 6 euros anticipadas a través da plataforma beloud e de 8 euros na taquilla.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL