Estar na escola, hora do recreo e poder a xogar no bosque que forma parte do propio patio. Isto é o que poderán face os alumnos dos colexios CEIP da Cruz (Camos) e CEIP Carlos Cesaries (Vilariño) o próximo curso. O Concello de Nigrán transformará estes dous centros para así "converterse nun referente pedagóxico en toda Galicia", sinalan. Co fin de poder licitar ambas obras nas próximas semanas, o goberno local consignará no pleno do 27 de marzo un total de 124.000 € para o CEIP da Cruz e 117.932 € para o CEIP Carlos Casares.
O arquitecto Fermín González, ideólogo do sistema pedagóxico Lupo e do programa 'Mestre de Obra', de referencia en toda Galicia ao defender a natureza e o xogo como o mellor método de aprendizaxe, presentou a pasada semana o proxecto á dirección do CEIP da Cruz e ao alcalde, Juan González. A realidade é que grazas a estas dúas actuacións, Nigrán pasará a ser unha localidade de referencia en España ao poder mesturar nestes dous colexios públicos a ensinanza convencional e os métodos educativos alternativos das ‘escolas-bosque’.
A intervención en Camos consistirá en gañar para o recinto 1.200 metros cadrados colindantes da zona Sur que cede altruistamente a Comunidad de Montes da parroquia e ao que se accederá a través dunha gran porta de transición con forma de 'casiña' que estará situada xusto nun punto con vistas espectaculares cara o Val Miñor e a súa costa, polo que funcionará tamén como miradoiro. Nesta nova parcela de forma irregular e de gran pendente habilitaranse ramplas accesibles cun percorrido circular e atallos directos entre elas aproveitando a gran presenza de carballos reforestados nos pasados anos e doutras especies autóctonas como silvas e fentos. Este auténtico bosque-patio aberto á experimentación educativa sumará en sucesivas fases equipamentos como poderían ser 'tipis', asambleas de troncos, invernadoiros, entre outros.
"É un proxecto único polo propio enclave do colexio. Ata hai pouco, que estivese situado no medio do monte víase como algo negativo, agora esa circunstancia descubrirase como unha oportunidade marabillosa", considera o rexedor, quen subliña como o colexio quedou pechado ao bosque mentras que agora regresará "ao estado que naturalmente lle corresponde". Neste sentido, avanza que as obras de acondicionamento durarán 2 meses e se realizarán preferentemente durante o verán.
"Este colexio situarase na vangarda da educación, van a vir de toda España a coñecelo in-situ e os propios profesores serán formadores i exemplo para os seus compañeiros", explicou á dirección do centro o arquitecto Fermín González, ideólogo do proxecto pedagóxico 'Sistema Lupo', quen louba a unión para conquerir isto do Concello, Comunidade de Montes, dirección e familias do CEIP da Cruz. Neste sentido, aínda que o gran proxecto actual é gañar estes 1.200 m2, o patio brando ten similares dimensións, en sucesivas fases plantéxase gañar franxas de terreo en lugares como a pista de deportes. "O punto positivo que facilita todo é que en Camos xa hai un bosque real, o difícil é a propia orografía do terreo", resume Fermín.
"Isto é cumplir un soño. Será un paso de xigante nesta liña pedagóxica que defendemos neste colexio, o profesorado está moi motivado e implicado neste sentido, de feito participamos desde hai anos nun programa contínuo de formación relativo aos patios inclusivos", explican dende a dirección do colexio, quen recorda que o periodo de admisión de novo alumnado está aberto ata o 20 de Marzo.
Tal e como xa anunciara o Concello, o programa Mestre de Obra de Sistema Lupo tamén deseñará un bosque-escola para o CEIP Carlos Casares de Vilariño, tal e como demanda desde hai anos a comunidade educativa. Neste caso, trátase de integrar unha parcela municipal lindeira de 2.000 metros cadrados, separada físicamente por un muro e alambrada, e que no 2018 o Concello bautizou como 'Souto Casares' tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor.
O proxecto busca crear un bosque totalmente natural sen que se note que hai un traballo de deseño previo detrás para que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así. A intención é aproveitar a gran cota de diferencia entre o patio e o cumio da parcela para crear diferentes sendeiros peonís entre árbores de especies autóctonas que desemboquen nun claro no bosque, que será onde permaneza o actual xogo de bolos celta. Non existirán as actuais escaleiras, nen muros, nen ningún elemento de separación, seguiránse as propias regras da natureza.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL