O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación que veñen do ámbito da curtametraxe. Así, na apertura proxectaranse British Winters, debut de Roque Cameselle no ámbito da imaxe real, e A estación violenta, primeira longa de Anxos Fazáns, que se atopa nestes días presentando o filme internacionalmente no prestixioso BAFICI. Nela, esta Novísima do cinema galego adapta libremente a novela homónima de Manuel Jabois. Protagonizada por Alberto Rolán, Xosé Barato e Nerea Barros, os dous primeiros estiveron esta mañá na presentación da imaxe gráfica e as camisetas do 15º Festival de Cans que tivo lugar na tenda de Nikis Galicia en Santiago de Compostela. “Cans cumpre 15 primaveras e eu síntome moi vello porque xa estiven na primeira edición”, bromeu Barato, recalcando a emoción que o equipo do filme sinte polo seu vínculo co festival. Alberto Rolán, pola súa parte, recalcou o carácter “xeracional” desta película que relata o reencontro entre tres amigos de xuventude nunha etapa complexa das súas vidas, dominada pola frustración e a ausencia dun futuro brillante. A estación violenta terá en Cans a súa primeira grande proxección pública en Galicia, xusto antes da súa estrea comercial en salas prevista para o 31 maio.
O director do festival, Alfonso Pato, destacou que British Winters comparte co filme de Fazáns ese carácter xeracional, ao ser “filmes con protagonistas buscando un oco vital, desnortados”. Este filme que o tudense afincado en Gales Roque Cameselle co-dirixe co británico Andrew Turner é unha comedia social na que un mozo xa non tan mozo busca cambiar o seu estilo de vida inspirándose na súa irmá pequena. Os dous directores estarán presentes en Cans para a que será a primeira proxección da película fóra do Reino Unido, un feito que Pato relacionou co proceso “tímido pero firme de internacionalización do festival, que complementa a aposta deste ano coa sección ExtraCans”. Completa a selección de longametraxes a estrea de Sevilla y Gomorra, outro filme de espírito xuvenil, dirixido polo redondelán Ángel Filgueira. Descrita como “a visión ebria dun presente atascado”, é o resultado da vontade de Filgueira de capturar a extrañeza da Sevilla que coñeceu como estudante de intercambio e as reflexións dos “filósofos borrachos” que atopou alí.
Este espírito adolescente é precisamente común ao deseño que Nikis Galicia preparou para esta edición do festival, que se inspira na xuventude e os maios para celebrar estas “15 primaveras” de cine en Cans. David Blanco, responsable da marca, resaltou o fácil que resultou traballar co equipo de Cans e adaptar a proposta inicial de reflexar a frescura, curiosidade e insolencia da mocidade. O resultado é un xogo floral que viste ao xa mítico can de Cans con xestas, camelias e margaritas debuxadas unha a unha.
Como broche final da presentación, o festival presentou a súa nova canción oficial, titulada “Cans & Cadelas” e composta polo músico Magín Blanco, coñecido polos seus discos para público infantil como A nena e o grilo. Na gravación do tema o artista contou coa axuda de As Mosas e Carlos Blanco. Uxía Senlle, parte de As Mosas, acompañou a Magín esta mañá nunha interpretación do tema ante as persoas asistentes. O sábado 26 de maio volveremos escoitar “Cans & Cadelas” na actuación de Magín Blanco no Parque do Río, que irá unida a unha retrospectiva dos seus videoclips.
A presidenta da Asociación Arela, Keka Losada, explicou que a partir da semana que vén estarán xa dispoñibles na tenda virtual do festival as entradas para Furacáns (a competición de curtas de non-ficción) e os primeiros 500 packs de entradas para a Sección Oficial a concurso e camiseta, que inclúen tamén unha chapa exclusiva como agasallo.
Estes packs, que poderán recollerse nas tendas de Nikis Galicia e na tenda Tía Tata do Porriño, estarán á venda dende o martes 24 de abril ata o venres 4 de maio, e terán un prezo de 21,5 euros. As entradas para Furacáns, pola súa parte, costarán 5 euros, estarán dispoñibles a partir do xoves 26 de abril nesta ligazón e poderán retirarse no posto de merchandising do festival durante os días de celebración do certame.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL