O Play-Doc é xa unha institución do cinema documental a nivel internacional. Xunto ao FIC de Bueu ou ao Festival de Cans eríxese como o tridente da provincia de Pontevedra de grandes festivais de cine en pequenos municipios. Unha demostración de que “na periferia facemos produtos de calidade”, nas verbas do deputado provincial Xosé Leal.
O Play Doc deste ano podería ser o festival “da rúa, da marxinalidade e da liberdade”, nas palabras do seu codirector Ángel Sánchez, facendo referencia a un fío condutor invisible por toda a programación. Do 26 de abril ao 1 de maio o Play-Doc converterá a Tui nun epicentro creativo e cultural único. Non é soamente cinema, senón que tamén haberá música en directo, obradoiros e unha exposición fotográfica.
Pódeche interesar: Esteban & Manuel, a proposta da marca SinSal para o Play-Doc
Pódeche interesar: Os norteamericanos Rubblebucket darán o seu único concerto en España no Play-Doc
Aínda que o seu codirector, Ángel Sánchez, recoñeceu que para a organización do Play-Doc a prioridade non estaba posta nas estreas porque “o importante do cinema e que se vexa”, este ano a sección oficial de competición contará con cinco filmes, todos eles de estrea en España.
Os asistentes ao festival poderán gozar de estes filmes ata agora descoñecidos para o público español. Lamaland (Teil I), de Pablo Sigg; Going South, de Dominic Gagnon; Les Unwanted de Europa, de Fabrizio Ferraro; Terra Franca, de Leonor Teles e The Waldheim Walatz, de Ruth Beckermann, serán as obras que conforman esta sección oficial de esta última edición do Play-Doc.
A programadora da sección de cinema galego, Beli Martínez, destacou que “poderíamos dicir que o que realmente vencella á selección é o seu instinto de supervivencia”. Este apartado chave e importante no Play-Doc con filmes “libres e inesperados” está composta por Alberto García-Alix: la línea de la sombra, de Nicolás Combarro; Trinta lumes, de Diana Toucedo; M., de Ángel Santos; Os fillos da vide, de Ana Domínguez; O salvaxe leva o seu tempo, Oliver Laxe; Salitre nas veas, de Adrián Canoura; Caerán lóstregos do ceo, de Adrián Canoura; Nueva Galicia, de Iván Nespereira; e Algunhas nubes flotan lonxanas, de Gonzalo Veloso e O fareiro de Sálvora, de Gloria Vilches.
Un dos grandes atractivos desta edición do Play-Doc é a súa retrospectiva a Peter Emanuel Goldman, a primeira que se fai en España. O cineasta “tan poético como underground louvado por figuras como Jean Luc Godard ou Susan Sontang”.
En Tui poderemos gozar das súas obras que “rachan como ningunha coas convencións do cine da época”. O seu primeiro filme foi Echoes of Silence (1964), Pestilent City (1965) e Wheel of Ashes (1968). Ademais, nesta retrospectiva da súa obra, o Play-Doc, en colaboración coa Cinemateca Francesa, recupera material perdido da película erótica The Sensualists (1966) e traerá por primeira vez a España a súa obra fotográfica.
Ao igual que na edición anterior, o Play-Doc contará con espazo para as gravacións de cinema doméstico en Súper 8 poñendo o foco ao cinema rodado por persoas anónimas de Tui.
O martes, 1 de maio, ás 20:30 horas, o festival acollerá unha proxección cunha selección de materiais filmados entre o 60, 70 e 80, celebrando así o “Home Movie Day”.
Por primeira vez, o festival propón un ciclo feminino “(Anti)Heroínas” que ten como fío condutor filmes protagonizadas por mulleres, menores de idade, marxinadas e alineadas socialmente. Todas elas comparten ademais unha “intensa cualidade de cápsula do tempo”.
As catro películas que compoñen este apartado son La Noire de... de Ousmane Sembène; Anna de Alberto Friffi e Massimo Sarchielli; Out of the blue de Dennis Hopper; e Streetwise de Martin Bell.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL