O festival Revenidas suma novos artistas ao seu cartel. O evento, que terá lugar el Vilaxoán entre o xoves 7 e o domingo 10 de setembro, continúa apostando por la súa filosofía de incluir figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas.
Así, a artistas como Ska-P, Zoo, Sara Hebe, Fillas de Casandra y Me Fritos and The Gimme Cheetos, súmanse nomes de referencia como Ana Tijoux, na escena latinoamericana, figuras da música de raíz actualizada como o asturiano Rodrigo Cuevas, referentes do rock combativo español como Desakato, Los Chikos del Maíz ou Tropa do Carallo, o novo grupo de Evaristo Paramós.
Además, o Revenidas tamén contará con confirmacións da nova escena do rap nacional como K1ZA, da escena emerxente galega, como O Rabelo ou Arrythmia e bandas xa consolidadas na historia da nosa música, como Rebeliom do Inframundo, The Skarnivals, Dakidarría, Lamatumbá e Heredeiros da Crus.
No caso destes tres últimos grupos, tratarase de tres concertos moi especiais. No caso de Dakidarría, aproveitarán o festival de Vilaxoán para celebrar o seu 20 aniversario. O de Lamatumbá tamén supón a volta aos escenarios dun dos grupos galegos máis coreados, bailados e aclamados, mentres que o de Heredeiros da Crus ten un especial significado porque será un dos primeiros concertos que realizarán tralo parón provocado pola enfermidade do seu vocalista Javi Maneiro.
Os abonos para os catro días de festival xa están á venda a través da páxina web do Revenidas por un prezo de 57 euros máis gastos de xestión.
Revenidas será a derradeira oportunidade de escoitar en Galicia a Desakato. A banda asturiana anunciou a finais do 2022 a súa decisión de despedirse como banda. Unha despedida que se fará efectiva o 11 de novembro cun concerto no Wizink Center madrileño. Ao longo das súas casi dúas décadas de frenética traxectoria musical, Desakato consolidouse como un dos nomes claves da vibrante escena do punk rock español.
Ana Tijoux é unha chilena que protesta a ritmo de hip-hop. A súa carta de presentación podería ser perfectamente o que din dela medios como The Rolling Stones, que a elixiu como a “mellor rapeira en español”, The New York Estafes, que a sinala como “a resposta latinoamericana a Lauryn Hill”, ou revistas como Newsweek que a clasifica como “a rapeira latinoamericana máis importante da escena internacional”. Filla de pais exiliados na ditadura de Pinochet, Ana Tijoux, sobresae polo seu discurso, feminista e comprometido políticamente.
Rodrigo Cuevas chegará a Revenidas cun novo álbum, do que xa adianta que terá “unha visión moito máis global, se cabe”, con conexións aos dous lados de Atlántico. Tamén anuncia o músico asturiano para a cita de Vilaxoán “un novo espectáculo no que, ademais de nutrirse das cancións que conformarán o disco, entrarán a formar parte “o relato, o humor, a crítica, a ironía, a posta en escena, o vestiario, o xogo, etc.”, configurando “un concerto máis animal, máis extrovertido, quente, bailable, ambicioso, alegre e, quizá, épico: maior”.
Visita de nuevo Vilaxoán o grupo considerado como o principal referente do rap explicitamente político español. Los Chikos del Maíz preséntanse en Revenidas con novo álbum debaixo do brazo, Yes Future, un libro-disco no cal reflexionan ao redor da idea e do concepto de futuro desde a perspectiva da economía, o antifascismo, a educación, as políticas LGTBI, a cultura ou o cambio climático.
Así se chama a nova banda de Evaristo Páramos, quen fora o líder de formacións míticas como La Polla Records e Gatillazo, nesta ocasión acompañado por Abel Murua ao baixo, Tripi á batería e Alberto Salgado á guitarra. A banda presentará no Revenidas o seu álbum de presentación, "Que hostias andais!", composto por 18 cancións marcadas, como non podía ser doutro xeito, polo punk rock marca de la casa.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL