O Concello de Nigrán mantén ata o 21 de marzo o procedemento aberto para que as empresas interesadas presenten ofertas para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun orzamento base de 259.152,94 euros. Segundo os propios pregos de licitación, puntua a mellor oferta económica, o menor prazo de execución, cunha previsto en 7 meses, e a maior garantía.
Situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde hai máis de 30 anos pese ao seu gran valor histórico e etnográfico e estar catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural), a construción volverá a funcionar con fins didácticos. O obxectivo é reparalo respectando ao máximo a súa orixinalidade e poñelo en marcha mediante a reposición dos mecanismos actualmente desaparecidos e da disposición dunha nova canle hidráulica.
Esta restauración, ademais de implicar un estudio histórico e control arqueolóxico da mesma, supón repoñer e acondicionar a envolvente do edificio, restaurar os paramentos da edificación e infraestruturas hidráulicas e, finalmente, recuperar e repoñer os elementos xa inexistentes de roturación e trituración. Así, na sala correspondente ao propio muíño plantéxase unha intervención mínima instalando unha cuberta de madeira de castiñeiro con cerchas e correas, tal e como tradicionalmente se facía, e, adicionalmente, no chan se repararán as grandes lousas de granito que estean deterioradas.
Na habitación que era vivenda ou almancén crearase unha pequena sala de exposicións ou multiusos cun sistema estrutural moderno a base de madeira laminada e tirantes de aceiro, ademais, instalaranse dous aseos, un deles adaptado a persoas con mobilidade reducida (unha zona do cerramento desta sala está derruída e será reconstruída en formigón para que contraste co muro de granito existente). O edificio manterá tres accesos independentes: o do propio muíño, o da sala e un central que da ao vestíbulo desde onde acceder ás dúas salas ou wc. A maiores, contémplase intervir na zona verde da contorna do muíño, onde os desniveis de terras se adaptarán mediante bancais para permitir contemplar mellor todas as partes do muíño.
"Queremos que recolla a tradición muiñeira que pon nome precisamente a este río, polo que plantexamos unha exposición permanente ao respecto e, por suposto, que poida funcionar para facer muiñadas a modo divulgativo", resume o alcalde, Juan González.
Cunha planta rectangular de 25 m x 6’5 m, este foi un dos muíños máis grandes e produtivos da comarca, xa que chegou a ter tres moas en funcionamento simultáneo. Sen embargo, debido ao paso do tempo, actualmente presenta importantes perdas nos muros e carece de cuberta, maquinaria e mesmo de canle hidráulica. Trátase dunha edificación do S.XVIII que consta do propio muíño, almacén e vivenda anexa nun único volumen e no que o sótano está aberto ao exterior mediante tres arcos de medio punto polos que discorría a auga tras moverse o mecanismo de rotación. As obras e movementos de terra para habilitar o parque empresarial implicaron soterrar a súa canle de abastecemento e evacuación ao río Muíños, polo que a día de hoxe en ningún caso poderían funcionar os aparellos, sen embargo, o proxecto contempla activar unha das tres moas orixinais creando un circuíto pechado que empregue un estanque anexo á construción. Co fin de respectar ao máximo a súa factura orixinal, contouse co propio asesoramento de Angel Fernández Misa, fillo dos últimos muiñeiros e quen vivíu nel ata os 20 anos de idade. "Era o muíño máis produtivo de todo Nigrán, ao que viña máis xente, porque tamén era o máis barato", recorda Lito.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL