O Grupo de Teatro Sénior de Afundación comeza unha xira para presentar "Os vellos namorados", a súa versión de "Os vellos non deben de namorarse", de Castelao. Tras estrear a obra na Coruña, a agrupación sairá á escena este martes 17 de abril, ás 20.00 h, no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valladares, s/n) cunha representación benéfica en favor de Amigos dos Maiores, unha asociación que se adica a realizar labores de acompañamento e de socialización para evitar a soidade nas persoas maiores que viven soas.
As entradas poder adquirirse a través da plataforma de Ataquilla por un prezo que vai dende os 5 euros. Ademais, os organizadores do evento crearon unha fila 0 na que os interesados en colaborar coa causa e non poidan asistir á representación poden facer a súa doazón.
Esta farsa en tres actos e epílogo, adaptada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús, satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes mediante a combinación de texto, música e canto. Tres amores tardíos, tres vellos que namoran de tres rapazas aos que darán vida os actores e actrices do Grupo de Teatro Sénior de Afundación despois de meses de preparación e ensaios.
O Grupo de Teatro Sénior de Afundación está integrado está integrado por 21 actores e actrices de idades comprendidas entre os 60 e os 90 anos. Algúns dos seus compoñentes participaron en varias series de televisión, como Mareas Vivas, Libro de familia ou Serramoura, en películas como O lapis do carpinteiro e en diferentes anuncios publicitarios. Durante a súa traxectoria, o grupo ten recibido numerosos premios en certames de teatro afeccionado, tanto no ámbito galego como nacional.
É do teu interese: Dez plans para superar o ecuador do mes de abril
Amigos dos Maiores é unha organización de voluntariado que ten por obxectivo paliar a soidade, o illamento e as carencias afectivas das persoas maiores que viven soas a través de diferentes programas de acompañamento afectivo.
Un 10% do total de fogares en Galicia está formado por unha persoa maior de 65 anos que vive soa, un total de 119.000 persoas maiores. Aínda que vivir só non significa sentirse só, o 59% das persoas maiores que viven soas expresaron ter sentimentos de soidade e illamento. A compañía e o apoio afectivo a través do voluntariado como o que realiza Amigos dos Maiores é unha das mellores formas para frear a soidade non desexada.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL