O Bloque Nacionalista Galego de Vigo vén de presentar este luns os dez primeiros postos da súa candidatura cara as eleccións municipais do 28 de maio. A fronte nacionalista confía nun equipo plural, comprometido e feminista para levar ‘Vigo máis alá’, lema de campaña, cunha lista paritaria, renovada nun 80% e cunha idade media de 47 anos encabezada polo actual concelleiro e candidato, Xabier P. Igrexas.
“Presentamos unha candidatura diversa e plural, para dar resposta aos retos dunha cidade felizmente diversa e plural”, asegurou durante o acto presentación o candidato do BNG de Vigo, que agradeceu a “xenerosidade destes compañeiros e compañeiras que dan un paso ao fronte comprometéndose co proxecto de transformación construtivo e positivo que representa o Bloque para a nosa cidade”.
Igrexas destacou que é unha candidatura “potente, solvente e rigorosa,” formada por viguesas e vigueses “capaces, honestas e que coñecen a realidade social e as necesidades reais da cidade”. Persoas con diversos perfís tanto profesionais como no ámbito social que, afirmou o cabeza de lista, son os nomes que formarán o futuro grupo municipal do BNG no Concello.
O candidato do Bloque mostrouse convencido de que “imos ser capaces entre todas e todos de sumar a moitos millares de viguesas e vigueses que saben e senten que Vigo merece máis”, apelando a aqueles veciños e veciñas que “están fartas desta inercia, do abandono dos nosos barrios e parroquias e de quen só pode ofrecer máis do mesmo”.
A fronte nacionalista confía así en ser a “garantía dun novo impulso para Vigo” para avanzar cara unha cidade máis habitábel e verde, máis igualitaria e socialmente xusta, que volva ser o pulmón industrial de Galiza, un berce da vangarda na creación cultural e que asuma o seu papel como maior cidade de Galiza exercendo como verdadeiro motor de todo un País.
Xabier Pérez Igrexas Val do Fragoso
Concelleiro e Portavoz municipal do BNG de Vigo desde o 2019, desenvolvendo neste tempo máis de 800 iniciativas e propostas para mellorar a nosa cidade. Implicado desde moi novo nos movementos sociais, fixo parte activa do asociacionismo veciñal desempeñando como secretario da FAVEC, no estudantil como secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes, e tamén a nivel sindical asumindo diferentes responsabilidades na CIG. Administrativo de profesión, exerceu tamén como colaborador xornalístico en diferentes medios de comunicación.
Ana Martínez Piñeiro A Salgueira
Licenciada en Xeografía e Historia e Especialista en Xestión da Información na Administración e na Empresa. Bibliotecaria na Universidade de Vigo desde 2001. Vicerresponsábel local e responsábel de Cultura e Lingua do BNG de Vigo, colaborou coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na elaboración da súa base de datos de discografía da música tradicional.
Filipe Abalde Comesaña Navia
Diplomado en Educación Física. Foi adestrador e preparador físico no fútbol base. Foi membro da directiva da S.C.D. Atlántida de Matamá e do Colectivo Malaherba. Vencellado ao celtismo, fai parte activa do Colectivo Galeguista “Nós”. Durante anos operario na automoción, actualmente traballa no audiovisual galego no eido da interpretación.
Elsa Quintas Alborés Candeán
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada con despacho profesional aberto en Vigo. Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos. Activista lingüística, cultural e ambiental, fai parte de numerosas asociacións que defenden a nosa cultura e o ambiente.
Brais Ruanova Vilas-Boas Bembrive
Graduado superior en Química Industrial, traballa no departamento de produción dunha empresa multinacional do sector agroquímico. Foi Responsábel Comarcal de Galiza Nova durante 5 anos e na actualidade é Responsábel de Organización do BNG na comarca de Vigo.
Carmela González Iglesias Saiáns
Deputada do BNG no Parlamento galego e responsábel local da fronte nacionalista en Vigo. Profesionalmente é funcionaria da Xunta de Galiza, actualmente na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza en Vigo. Participou desde moi nova no movemento veciñal, foi parte da directiva da AV San Xurxo de Saiáns e da FAVEC. Colabora coa Escola do Vigo Rugby Club.
Manuel Caride Correa O Calvario
Licenciado en Socioloxía. É o responsábel do BNG na comarca de Vigo e forma parte desde o ano 2006 do seu Consello Nacional. Entre 2006 e 2015 fixo parte da equipa técnica do Grupo Municipal do BNG no Concello de Vigo.
Olaia Chaves Fariña A Dobrada
Estudou Relacións Laborais, mais hoxe traballa como celadora na sanidade pública. Activista social en numerosos campos, desde a solidariedade internacionalista, como parte do comité de Mar de Lumes, a defensa dos dereitos nacionais, en Vía Galega, e no eido do feminismo en diferentes organizacións e plataformas.
Vítor Vaqueiro Foxo Alcabre (Independente)
Licenciado en Química e doutor en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, achándose na actualidade en situación de reformado. Exerceu a docencia como profesor de matemáticas no ensino medio e de fotografía na universidade compostelá. Director do Arquivo Pacheco no período 2007-2011, ten publicados máis de vinte libros.
Mª Pilar Rodríguez Pérez Sárdoma
Enfermeira na sanidade pública. Vinculada desde moi nova á actividade sindical, na actualidade é a Secretaria Comarcal da CIG- Saúde de Vigo. Participou activamente no conflito e folga dos PACs que se desenvolveu entre 2018 e 2019. En 2019 foi elixida delegada de persoal do SERGAS. Na súa etapa estudantil participou dos Comités Abertos de Facultade.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL