Será a primeira vez que se faga algo deste calibre na comunidade de Twitch en galego. Así o aseguran Rebeliom do Inframundo e Alberto Busto, que presentarán o novo disco do grupo de rap vigués na canle do cantante de Arrhythmia.
‘Amor ou Barbarie’ ven de publicarse este xoves 23 de febreiro e, para “poder dar a realidade deste disco, de como foi o traballo, de todo o sacrificio que implicou durante estes tres anos e facelo con liberdade de fala e de tempo” Rebeliom do Inframundo vai a realizar un directo este domingo a partir das 16:00 horas na canle de Twitch de Alberto Busto.
O directo non terá moito que envexar ás realizacións da TVG ou de eventos doutros “streams” do panorama peninsular. Plató, cámaras profesionais, micrófonos de solapa e de estudio, iluminación, atrezzo ou mesmo realización son algúns dos moitos elementos cos que contará o directo.
Esta idea deste evento nace a finais do ano pasado, “a Nervo (e a min tamén) mólalle entrar na miña canle, porque os dous somos faladoiros e desfrutamos da conversa”, indica Busto. “Nunha conversa privada xurdiu a idea de presentar o disco aquí e pensei que debería ser algo distinto”. Esa diferencia, que levou a plantexar inicialmente que Nervo fose á casa do streamer, evolucionou ata ter ao grupo completo nun plató con realización máis semellante a televisión “pero coa esencia de Twitch, onde estaremos moi atentos á interacción co público en directo”, asegura Busto.
“Despois dos concertos a xente ven a preguntarnos movidas e sempre somos os últimos en marchar porque falamos con todos, algo que, tristemente, sempre lles sorprende, pois agora, sen ese contexto de festa, queremos tamén adicar ese tempo a falar co noso público e co de Alberto”, conta Malvares de Moscoso. “A nós flípanos a idea de poder ter ese contacto coa xente, que nos pregunten o que queiran, e recalco, o que queiran do disco, do grupo, das letras ou dos directos”, resalta Nervo.
Ademais de algo persoal, “queremos que isto sirva como unha demostración de que se pode facer este tipo de contidos, e os que sexa, en galego.E oxalá, a partir deste directo, máis xente se anime a utilizar a lingua nesta plataforma que, por desgraza, non a recoñece para etiquetar ou monetizar”, explican dende Rebeliom.
Todo isto non o farán sos, contan coa colaboración da produtora Galunk, as instalacións de Nukka Studio en Vigo, e “moita xente que axudou dun xeito ou outro, xa sexa na realización ou prestando equipo técnico ou mesmo axudando a conseguilo, para poder facer isto realidade o domingo”, salienta Busto.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL