Vigosónico volverá a pechar ata que se resolva a licitación. A plataforma Grupos en Loita denuncia, baseándose en fontes do propio espazo municipal, que as intalacións pecharán o vindeiro martes día 28 de febrero e non reabrirá ata que estea adxudicado o servizo. "Poden pasar meses e meses ata que non reabra de novo", denuncian.
En resposta ás protestas impulsadas por esta plataforma e outros colectivos como parte da coordinadora "Vigo Somos Todxs", o Concello realizou unha licitación de Vigosónico por un ano, porrogable a outros dous. A licitación ten un valor de 85.000 euros, e busca sustituír o que, en palabras do colectivo de artistas musicais, foron “parches encadeados dende que as protestas conseguiron que reabrise o espazo a mediados do ano 2022”. Durante a rolda de prensa deste xoves, Caballero comentou que non sabía que se ía proceder a peche de Vigosónico, pero si aseguraba que se realizará a renovación por completo do equipo de son das instalacións.
Grupos de Vigo en Loita denuncia que as usuarios e usuarias “non foron de ningún xeito avisadas desta situación, enterándose só de xeito informal a través do persoal”. Consideran que “é un escándalo e unha burla ás viguesas que Vigosónico peche de novo xusto despois de ter anunciado precisamente a súa continuidade, sen que se previran e anunciaran debidamente mecanismos para mantelo aberto, como mínimo, como se leva facendo dende que as protestas obrigaron a que o Concello, ás présas, reabrira o espazo”.
Ademais, dende a plataforma de artistas musicais da cidade desconfían das intencións do Goberno municipal. “A última vez que Vigosónico pechou indefinidamente foi coa excusa pandemia, pero resultou ser un peche definitivo encuberto que non puidemos reverter ata máis de dous anos despois”, afirman. Engaden tamén que “outro exemplo disto é o caso de Súbete ao Castro, un espazo que pechou en 2014 supostamente para arranxar unhas humidades e que máis de oito anos despois segue pechado”. Polo tanto, esixen que “o Concello reabra inmediatamente Vigosónico e que teña unha actividade ininterrumpida independentemente de cando se resolva a licitación anunciada”.
Dende a súa creación en xaneiro de 2022, Grupos de Vigo en Loita desenvolveu unha actividade ininterrumpida en torno ás problemáticas que sofren os grupos musicais vigueses, especialmente en torno á situación das salas de ensaio. Dende xaneiro deste ano fan parte, xunto a outros 16 colectivos da cidade, da coordinadora Vigo Somos Todxs, ao considerar que todas as entidades integrantes “sofren o mesmo desprezo e ataques por parte do Concello,
que sempre se negou a negociar nada”.
O pasado 5 de febreiro convocaron unha manifestación que reuniu a un milleiro de persoas no centro de Vigo, e no pleno do día de onte no Concello, un grupo de representantes da mesma asistiu e tivo un enfrentamento verbal co alcalde. Ante as demandas dunha reunión, o Alcalde calificou aos manifestantes de “fascistas” como “nos anos 30”. A coordinadora ten anunciado que continuará a súa actividade para reclamar “un Vigo que escoite aos movementos sociais e ao tecido asociativo” no que “a democracia sexa máis que un cheque en branco outorgado cada 4 anos”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL