A docente e investigadora do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá da UVigo, Helena Cortés Gadaubán, ven de recibir o Premio Nacional á Mellor Tradución 2021, pola traducción ao español do orixinal en alemán da obra “El Diván de Oriente y Occidente” de Johann Wolfgang von Goethe. As súas maxestades os Reis foron os encargados de entregar ditos premios, nun acto celebrado no Edificio Pignatelli de Zaragoza e adiado por mor da Covid-19. Con este recoñecemento, o Ministerio de Cultura y Deporte distingue a personalidades da cultura en ámbitos como a literatura, a historia, cómic, tradución, ilustración, fomento da lectura ou xornalismo.
O xurado do Premio Nacional a la Mejor Traducción 2021 propuxo galardoar a obra de Helena Cortés ao considerar que "El Diván de Oriente y Occidente" “é un intento pioneiro de fusionar as culturas de Oriente e Occidente”, ao tempo que destacou tamén que se trata dun “texto clásico que se traduce íntegro por vez primeira respectando a forma do orixinal alemán, que, a súa vez, se basea nas formas da poesía persa. Trátase dun gran reto filolóxico para lingua castelá polo seus elementos rítmicos e métricos, cuxa incorporación enriquece o canon da nosa literatura”.
Dous anos, nos que compatibilizou este labor con outras actividades, investiu Helena Cortes na tradución do libro de Goethe, que a docente e investigadora da UVigo considera "unha obra con infinitos niveis de lectura”, ademais dun “verdadeiro monumento cultural de enorme importancia e, non obstante, apenas coñecido fóra de Alemaña”. Consciente de que West-östlicher Divan reunía todas as características para optar a un premio, “aínda que unha nunca espera estas cousas, máxime cando nos dous últimos anos se premiaran dúas obras traducidas do alemán e non é costume repetir a mesma lingua premiada varios años seguidos”, Cortés quería dar a coñecer en España esta obra de Goethe que considera un impresionante canto á tolerancia cultural e ao diálogo entre civilizacións, anterior e máis verdadeiro que outros intentos do mesmo xénero e tamén máis natural e fresco no seu ton e forma.
“O manuscrito desta obra é por iso Patrimonio mundial da Unesco, foi musicalizado polos máis grandes como Schubert, Schumann ou Schönberg, e, por exemplo, Daniel Barenboim e Edward Said crearon en 1999 unha orquestra que trata de loitar pola paz entre árabes e israelitas que leva precisamente o nome da obra de Goethe, West-Eastern Divan Orchestra, é dicir, en todo o mundo é un símbolo de concordia”, explica a tradutora.
A Premio Nacional a la Mejor Traducción 2021 lembra as moitas dificultades que entrañou o traballo de tradución dunha obra na que destaca a capacidade de Goethe de fusionar con total naturalidade “o alemán e o persa, o íntimo (como os seus amores cunha muller casada, Marianne von Willemer, que lle inspira en gran medida esta obra) e o público, o erudito e o popular, os problemas da súa propia época e unha base medieval, creando un pastiche absolutamente persoal dunha enorme orixinalidade, no que é imposible saber que é só da súa colleita, que é tomado dos seus modelos persas clásicos (sobre todo o poeta Hafiz) o que é versionado”, detalla Helena Cortés.
Ademais da dificultade que comporta a poesía, así como a gran distancia entre o alemán e o español, a docente e investigadora da UVigo enfrontou outros retos no proceso de traducir "West-östlicher Divan". “Eu teño moito empeño en reproducir fielmente a forma estética elixida, pero neste caso, resaltaría sobre todo a complexidade de verter ao español unha obra alemá que leva na súa base moita veces un texto persa e que imita a forma poética persa da ‘gacela’ ou ‘gazal’, o que me obrigou a estudar (en traducións a outros idiomas) os orixinais persas para poder dar conta deste tons e metros orientais que deben ‘soar’ tamén na obra, sen deixar por iso de traducir fielmente o orixinal alemán”, explica a tradutora.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL