Play-Doc continua fiel á súa tradición de recuperar e redescubrir realizadores de culto, así como obras mestras pouco coñecidas. Con este ciclo que leva por título (Anti)heroínas, o festival propón catro títulos entre os que poderemos ver a película máis descoñecida de Dennis Hopper, considerada por moitos como o seu maior logro como realizador, e tamén a estrea española de Streetwise, todo un clásico dos 80.
As catro películas que compoñen este ciclo, ademais de estar protagonizadas por mulleres, menores de idade, marxinadas e alienadas socialmente, comparten todas unha intensa cualidade de cápsula do tempo, non só por permanecer ocultas ou pouco coñecidas durante décadas, senón tamén por ser un vivo reflexo dos seus respectivos contextos históricos, socio-políticos e económicos.
Realizada por Ousmane Sembène, “o pai do cine africano”, en 1966, La Noire de…pasou á historia como a primeira película realizada por un director negro na África subsahariana, e en ter a unha muller como protagonista. A medio camiño entre a narración tradicional africana, o neorrealismo e o cine experimental, esta moi celebrada ópera prima que relata as desventuras dunha moza senegalesa que vai a Francia a traballar no coidado dunhas crianzas, obtivo o prestixioso galardón Jean Vigo o ano da súa estrea. A pesar de restaurarse en 2015, este clásico continua sendo un grande descoñecido para o público xeral.
https://www.youtube.com/watch?v=YMDg2UAyXSs
Anna (1975) de Alberto Grifi e Massimo Sarchielli, é un documental italiano sobre unha adolescente drogadicta e embarazada de oito meses á que rescatan das rúas baixo o pretexto de facer un experimento social. Tras a súa estrea en Berlín, esta pertubadora e controvertida película, tivo un exitoso percorrido por festivais para despois permanecer oculta, por razóns pouco claras, durante máis de catro décadas. Restaurada en 2012, volveu a saír á luz para deixar tras de sí unha estela de asombro e polémica. Desde entón Anna converteuse en toda unha lenda negra.
Igualmente perturbadora e descoñecida é Out of the Blue (1980), considerada pola crítica como a mellor película de Dennis Hopper e como un dos relatos máis contundentes sobre a era do punk rock. Este drama nihilista, que toma o seu título da canción My My, Hey Hey (Out of the Blue) de Neil Young, céntrase nunha adolescente obsesionada con Elvis Presley e o punk rock. A película está maxistralmente interpretada por Linda Manz e polo propio Hopper, quen exhibe unha das súas actuacións máis salvaxes e descontroladas. A pesar de causar unha grande sensación no Festival de Cannes en 1980, onde competiu pola Palma de Oro, a película apenas tivo distribución e caíu practicamente no esquecemento. A súa restauración dixital está prevista para o ano que vén, pero a día de hoxe, Out of the Blue continua sendo unha obra mestra incomprensiblemente ignorada.
Parecida sorte correu Streetwise (1984) dirixida por Martin Bell a partir dun artigo publicado na revista Life en 1983,–escrito por Cheryl McCall e con fotografías de Mary Ellen Mark-. Este magnífico clásico, centrado nunha prostituta de 13 años en Seattle, e con banda sonora do mesmísimo Tom Waits, foi nominado ao Oscar ao mellor documental en 1984. Non obstante, deixou de verse durante máis de 25 años, existindo tan só en VHS. Streetwise, que acaba de ser remasterizada dixitalmente, terá a súa estrea española en Play-Doc 2018.
https://www.youtube.com/watch?v=nlBx2Zsgh6A
Estes catro títulos súmanse á proposta da décimo cuarta edición de Play-Doc, que terá lugar en Tui do 26 de abril ao 1 de maio. Unha edición con moitas xoias raras e esquecidas, obras mestras convertidas en clásicos e películas de culto cun forte carácter marxinal.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL