O Concello de Redondela, a través da área de Normalización Lingüística dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, organiza un ambicioso programa para celebrar o Día de Rosalía de Castro. “A intención é ofrecer un programa variado para toda a familia no que poder incluir o comercio local e as institucións educativas. É unha prioridade deste goberno facer unha programación por e para os veciños de Redondela”, explica Rivas,
Nesta iniciativa, en sintonía coas actividades promovidas pola Fundación Rosalía de Castro, o Concello colabora coa Asociación de Empresarios e Empresarias de Redondela a través dos establecementos de hostalaría, floreisterías e librarías locais. Entre as librarías podemos atopar A Carambola, La Imprenta, Mandamamá e Molière; entre as floristerías atopamos a A&M Flores; serán os hostaleiros e hostaleiras de 78 Gastrobar, A Cova, Bar Nando, Casa Chano, Don Vinarius e Pizzería Bos Aires os encargados de realizar unha proposta propia do chamado "Caldo de Gloria" inspirado no poema Rosalía de Castro para ofrecer aos consumidores.
Por outra banda, todas as librarías de Redondela participarán de maneira activa. Durante o 23 ao 25 ofrecerán descontos para o libro en galego, agasallarán unha flor e promocionarán a figura de Rosalía. “Neste sentido, animamos ao pobo de Redondela a partcipar activamente nesta iniciativa na aposta deste goberno por incenivar o consumo no comercio local”, explica Rivas.
O mundo do ensino tamén participará. O concello proxectará a curtametraxe ‘A rosa incandescente’ para alumnado dos IES de Chapela ás 10:30 h no Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela e para o IES de Redondela ás ás 12:00 h no Auditorio da Xunqueira de Redondela. Esta proxección contará cunha introdución do técnico de normalización do noso concello, que é especialista no período do Rexurdimento e na propia obra de Rosalía. O día 23, data do nacemento de Rosalía, farase unha ofrenda floral e un acto institucional na propia Alameda de Rosalía, en Chapela. Nela participará o alumnado do CEIP Alexandre Bóveda que tomarán a palabra e dramatizarán algúns dos textos. De cara ao 25, as actividades duplícanse. En Redondela, no Multiúsos da Xunqueira, haberá un espectáculo infantil centrado na vida e na obra de Rosalía de Castro.
Pola súa banda, en Chapela, celebrarase unha homenaxe popular dando voz aos distintos sectores sociais de Redondela encargados todos eles por mulleres. Dende o Clube de Remo feminino, mestras, hostaleiras ou libreiras... ademais contarase coa actuación do grupo de baile tradicional Anaquiños e tamén da soprano rusa Anna Melhikova, que interpretará un repertorio con obras de Rosalía, Curros ou Pondal.
En definitiva, a rexidora asegura que “Redondela presenta un programa dos máis completos de toda Galicia para celebrar e lembrar o exemplo de Rosalía como muller feminista e escritora. Sempre implicada na xustiza social e como muller activista a prol da liberdade de Galicia e da dignificación do noso pobo. Debémoslle moito a ela e Redondela quere situarse, coma sempre, nun lugar privilexiado no fomento da nosa terra. A fin de contas, a participación social nestes actos exemplifica como nos unimos arredor de Rosalía, do seu significado e sen dúbida por ser ela unha encarnación da idea de Galicia.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL