Últimos detalles para que todo estea listo para a celebración en Tomiño do tradicional Venres de Foliada, que este venres 17 de febreiro congregará a miles de persoas polas rúas do concello. Con 20 comparsas inscritas para participar nesta agardada cita co Entroido, máis de 1.700 persoas desfilarán a partir das 21:30 horas pola rúa Gondomar dende o CEP Pedro Caselles ata A Pedra coas treboadas tomiñesas abrindo camiño.
“Despois de dous anos de pandemia fainos moita ilusión poder gozar do Venres de Foliada con total normalidade. É un orgullo ver este respaldo de participación e comprobar que o noso entroido segue a ser un evento fundamental nestas datas e que dá o pistoletazo de saída ás actividades en toda a comarca”, destaca a alcaldesa, Sandra González. Para a rexedora, o desfile “é un reclamo ao que cada vez acode máis xente interesada en participar nun evento de lecer que serve tamén para dinamizar a economía e a hostalaría local grazas a todas esas persoas que veñen dende moitos puntos da provincia a desfrutar con nós desta festa”.
Este ano entre as 20 comparsas participantes destacan as tres tomiñesas, Revolution Show, Asociación Comparsa Luces de Tomiño e Asociación Cultural Ciklón. Dende o Concello agradécese a todas elas o esforzo e esforzo realizado durante moitos meses para deslumbrar ao público coas súas propostas. Lémbrase tamén a outra das grandes formacións tomiñesas que este ano non sairá ás rúas, Estrelas da Noite, agardando poder contar con ela en vindeiras edicións.
O goberno municipal quere tamén agradecer aos voluntarios de Protección Civil, á Policía Local e ás e aos traballadores do Concello o gran labor que desenvolven durante toda esta xornada para garantir a seguridade do desfile e que o público poida desfrutar do evento sen contratempos. Ademais, a Policía Local porá en marcha un amplo dispositivo para a reordenación do tráfico tras o peche de varias rúas para a celebración do desfile.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL