Desde o vindeiro 16 de abril e ata o 25 de maio, unha vintena de mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais poderán formarse no desenvolvemento de videoxogos e creatividade dixital.
O curso está dirixido a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, xa sexan emprendedores ou profesionais, que queiran iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles interesados en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital. O obxectivo da acción é promover o éxito empresarial entre os participantes, xa sexa a través de novas oportunidades de crecemento ou de novas iniciativas empresariais.
Nun contexto no que o sector dos videoxogos é un dos de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España, este curso busca complementar o perfil de mozos e mozas que xa finalizaron os seus estudos e se atopan en situación de desemprego con formación especializada de utilidade para o seu futuro profesional.
Deste xeito, o programa aborda, dunha banda, as principais disciplinas vinculadas co desenvolvemento de competencias técnicas e artísticas no mundo do videoxogo, como poden ser produción, arte, deseño e desenvolvemento visual, deseño de personaxes, contornas e props, modelado, texturas, animación 2D e 3D ou efectos visuais. Por outro lado, inclúe tamén contidos dirixidos ao desenvolvemento de proxectos emprendedores nesta área das industrias culturais, como poden ser temas de marketing, finanzas ou modelos de negocio.
Ademais das sesións de formación conxunta, nas que se impartirán os contidos xerais do programa, o curso inclúe accións de acompañamento e titoría individualizada –destinadas a orientar a cada alumno en función do seu perfil profesional– e sesións de mentoría e seguimento –destinadas a apoiar aos participantes na creación do seu proxecto emprendedor–.
A iniciativa produto do programa Videoxogos e Emprendemento desenvolverase todas as semanas no Centro de Emprendemento do Gaiás. As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago (981596800; vivero@camaracompostela.com) ou consultar o programa completo e en www.camaracompostela.com ou www.cidadedacultura.org.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL