O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o goberno de Abel Caballero “esconde” o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para evitar aprobalo antes das eleccións municipais. A fronte nacionalista alerta do risco de “colapso urbanístico” se a aprobación provisional non se produce antes do 18 de maio deixará á cidade baixo o Plan de 1993.
“Abel Caballero busca meter debaixo da alfombra un PXOM elaborado sen diálogo, sen participación e na escuridade dos despachos”, reprochou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que cuestionou as reiteradas negativas do Goberno municipal a informar sobre o ditame das numerosas alegacións veciñais e dos prazos para a tramitación do novo Plan Xeral.
Desde o BNG advertiron da “enorme preocupación” que provoca a falla de respostas da concelleira María José Caride malia os requirimentos formulados polo concelleiro nacionalista na Xerencia de Urbanismo. “É innegábel a intención do goberno de Abel Caballero de atrasar a aprobación provisional para non someter ao exame electoral das viguesas e dos vigueses un Plan Xeral que sabe indefendíbel e insustentábel”, valorou Igrexas.
O edil do Bloque advertiu de que este “atraso oportunista suporá unha inseguridade xurídica sen precedentes no urbanismo da cidade”. Nese sentido, alertou de que os prazos legais obrigan á aprobación provisional do novo PXOM antes do 18 de maio para evitar que quede sen efecto o Instrumento de Ordenación Provisional, o que provocaría “o definitivo colapso urbanístico de Vigo” co retorno ao ordenamento urbanístico do ano 1993.
Diante desta situación, o candidato nacionalista anunciou a solicitude dunha comparecencia urxente do equipo redactor do novo Plan Xeral, nunha sesión extraordinaria e monográfica do Consello da Xerencia de Urbanismo. “É necesario que dean conta en detalle do proceso de ditame das alegacións veciñais, das correccións obrigadas polos informes sectoriais desfavorábeis e para aclarar se teñen iniciado os traballos da avaliación ambiental estratéxica”, explicou.
Sobre o proxecto de novo PXOM, Igrexas criticou que se insista nun “modelo urbanístico fracasado que reduce a cidade ao seu casco urbano central mentres castiga a dous terzos do noso territorio que representan as parroquias”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL