A coordinadora Vigo Somos Todxs, formada por dez asociacións cidadás viguesas, convoca unha protesta para esixir ao Concello de Vigo que “escoite e respecte” ao movemento asociativo da cidade. Ecoloxistas en Acción Vigo, Gasolineras a 100 Metros e os traballadores de Vitrasa veñen de sumarse recentemente á convocatoria, impulsada dende o comezo por Vigo Histórico, Defensa Parque García Picher, Os Ninguéns, Vecinos Zona Centro, AVIBE, Bembrive en Pé e Grupos en Loita. Trátanse de colectivos de moi distinta orixe e natureza, que teñen en común o sentirse ignorados polo goberno municipal.
Os traballadores e traballadores de Vitrasa, a empresa que xestiona o transporte público urbano, en palabras do Comité de Empresa, denuncian o “nefasto servizo” que dita empresa está ofrecendo á cidade, que consideran froito en boa parte das condicións laborais ás que se enfrontan os conductores e conductoras. No marco deste conflito con Vitrasa, levan dous anos solicitando á alcaldía, como adxudicadora do servizo, que medie no conflito, pero denuncian non ter obtido resposta.
Por outra banda, Gasolineras a 100 Metros agrupa á veciñanza da rúa Tomás Alonso contra a normativa do Concello que permite a construción de gasolineiras a apenas catro metros das vivendas e que califican de “obsoleta”. Tamén denuncian que “nin o alcalde nin a concelleira de Urbanismo molestáronse en recibirnos”, e que nin sequera “deron sinais de querer subsanar” esta problemática, á vez que reclaman “espazos verdes e non fume baixo as nosas ventás”.
Dende Ecoloxistas en Acción Vigo, por outra banda, destacan que “o Goberno Municipal non atende as demandas cidadás no eido da ecoloxía, da protección do medio natural e da aposta por un modelo de transporte sostible e non contaminante”, respondendo ás “medidas reais” propostas polos colectivos ecoloxistas con “máis arboricidios” e con incumprimentos da Lei do Cambio Climático. Esixen “unha política municipal no que o verde non sexa só propaganda” e na que haxa “canles de participación cidadá real”.
Todas estas asociacións, así como as que impulsaron inicialmente a convocatoria, reclaman un “modelo novo de cidade” que piorice “a calidade de vida fronte a inversión privada”, tendo en conta os desafíos de sustentabilidade e mobilidade que esta enfronta. E denuncian que, fronte a estas reclamacións, o Concello “non negocia e non atende as críticas dos veciños e veciñas da cidade”, impulsando “actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”.
De feito, explican tamén que o Goberno Municipal pasa entón a "atacar" ás asociacións, "acusando á veciñanza de ser infiltrados doutros partidos políticos". No último pleno municipal a pasada semana viviuse un novo episodio desta confrontación, co desaloxo dos membros de AVIBE do pleno por parte da policía local cando estes pedían "só unha reunión". Caballero esgrimiu a longa "lista de espera" que ten para non reunirse cos veciños de Beade, a pesar de que si se reuniu cos empresarios hosteleiros que lle solicitaron prolongar o período de encendido das luces de nadal apenas horas despois de que estes realizaran a súa petición.
Por todas estas razóns, os colectivos veciñais mobilizaranse o 5 de febreiro ás 12:00 na Porta do Sol baixo o lema "Vigo Somos Todxs". A protesta reclamará unha cidade que "escoite, informe e respecte" ao tecido asociativo, sen que a actual maioría absoluta no Concello sirva como un "cheque en branco" outorgado "cada catro anos".
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL