A Deputación de Pontevedra puxo este xoves en valor o "orgullo do legado" dunha provincia que "atesoura tradicións únicas, milenarias, que se reinterpretan dende a modernidade". Así o defendeu a presidenta provincial, Carmela Silva, nunha prresentación en Fitur na que estivo acompañada da artista de Castela e León Julia de Castro. Xuntas defenderon as "mil ocasións para celebrar a provincia de pontevedra" no stand de Turespaña nun auditorio ateigado que contou tamén coa presenza da secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo.
O acto de lanzamento de “Orixe”, a modo de diálogo entre Carmela Silva e Julia de Castro, fixo fincapé nas xentes da provincia, a paisaxe, o patrimonio, as tradicións máis autóctonas e a música da man, en directo, de Sara e María, “Fillas de Cassandra”, co tradicional son da pandeireta. A campaña, que pecha o ciclo de propostas da Deputación a carón do turismo experiencial, céntrase nos valores intanxibles do destino e fai fincapé, tal e como explicou Carmela Silva, na riqueza etnográfica de Pontevedra Provincia, “nas tradicións, en receitas milenarias como a da lamprea, na marcada identidade e nas nosas raíces, que teñen máis forza que nunca”. Tamén na ampla oferta que hai na provincia, “un destino máxico no que vivir experiencias únicas durante os 12 meses do ano, cheos de oportunidades para desfrutar da nosa cultura, paisaxes, gastronomía e xente”.
O audiovisual “Orixe” detalla da man de Julia de Castro como “o territorio marca a cultura e o carácter, a forma de entender o mundo” e enxalza “o coidado” co que a cidadanía conserva as tradicións, “é moi inspirador e esperanzador -destacou a artista multidisciplinar- xa que mirar cara atrás recórdanos quen somos”. Deste xeito a creatividade; o patrimonio inmaterial; a artesanía representada por persoas como as zoquerias de Elena Ferro, Purro, Valentín Otero, Antía Santos, Anxo Estévez, Manuel Presas, María Mercedes Lomba, Meira Paz, José Sousa, Fiz Axeitos, Xacobe Cabrera ou as Pandereteiras de Gargamala; festas como o Entroido; e outros elementos arraigados da cultura da provincia de Pontevedra comparten protagonismo e intercálanse con imaxes que representan a todas as comarcas da provincia, tanto da costa como do interior, con pazos como A Oliva en Vigo ou o de Señoráns en Meis, o Balneario de Mondariz, Museos como Liste en Vigo, a costa de Oia ou A Guarda e paisaxes situadas en lugares do Morrazo, O Salnés, A Pardanta, O Condado, Deza, Terra de Montes ou das comarca de Caldas, Vigo, e Pontevedra.
Ademais “Orixe” tamén fai fincapé na reinterpretación, “dende o máximo respecto”, das tradicións para levalas á contemporaneidade. Este feito cobrou “vida propia” en Fitur a través da música de “Fillas de Cassandra” e do audiovisual protagonizado por Nova Galega de Danza, estreado esta mesma tarde no acto de lanzamento da campaña da Deputación, que interpreta “Credo” no Mosteiro de Carboeiro, “un deses sitios máxicos do interior da provincia” que, en palabras de Carmela Silva, “hai que visitar, á beira do río Deza, unha das obras do románico cisterciense máis destacadas de Galicia”.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL