As condicións meteorolóxicas para esta fin de semana, datas nas que se tiña previsto celebrar a segunda Epic Race Pontevedra, veñen de obrigar á organización a pospoñer a súa celebración. Deste xeito a Epic Race Pontevedra, da cal a Deputación de Pontevedra é a principal patrocinadora, celebrarase previsiblemente entre os días 25, 26 e 27 de maio, tal como veñen de informar á institución provincial. As novas datas confirmaranse oficialmente mañá, a falta da autorización da xefatura de Montes, malia que desde a organización sinalan que se trata simplemente dun trámite administrativo e que estas novas datas xa se poden dar hoxe por válidas.
Desde a organización da Epic Race Pontevedra sinalaron que a decisión de pospoñer a celebración da proba é un acto de “sensatez e responsabilidade”, pois as previsións meteorolóxicas, que o equipo confirmou persoalmente co persoal de MeteoGalicia, “sinalan que esta fin de semana imos ter unha borrasca cunha elevada baixada das temperaturas e uns fortes refachos de vento” entre a noite do venres e a mañá do sábado, máis elevados mesmo que os que xa se rexistraron as pasadas xornadas, chegando aos 127 km/h nalgunhas localizacións do seu trazado. A organización da Epic Race asegura que, segundo os datos que manexan, “a sensación térmica nalgúns puntos polos que transcorre a competición, como por exemplo a serra do Candán, pode chegar aos -10º C”.
Ademais, lembran que os perigos que podería ocasionar a celebración da proba baixo estas inclemencias meteorolóxicas non se poderían producir só nas persoas participantes, senón tamén na cidadanía en xeral, ao haber diverso material instalado nos concellos do seu trazado que podería ser levado polo vento.
Como parte positiva deste aprazamento, a organización da Epic Race Pontevedra sinalou que “con esta decisión, ao celebrarse cara a finais de maio, gañamos máis horas de luz” e, de feito, asegurou que “as etapas nocturnas coincidían coas que pasaban polas cotas máis altas do percorrido”, o que dificultaría poder contemplar algunhas das mellores paisaxes panorámicas do destino Pontevedra Provincia.
Lembramos que a segunda edición da Epic Race Pontevedra pasará polos concellos de Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces, Forcarei, Redondela, A Lama e Valença. De feito, unha das principais novidades deste ano é precisamente o seu paso por Portugal nun percorrido total de oito etapas, de día e de noite, nas que as persoas participantes (por equipos ou individualmente) desafiarán os montes gozando das paisaxes máis fermosas das Rías Baixas. A proba, á que se inscribiron o dobre de persoas (160) que o ano pasado, ten unha duración de 51 horas como máximo na que terán que completar unha distancia de 550 quilómetros. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou durante a presentación da proba que “un ano máis volvemos apostar por un deporte ligado ao medio ambiente e ao turismo que queremos promover na provincia, ligado á natureza e á paisaxe”.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL