Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo. Alemán, inglés e español como lingua estranxeira (ELE) conforman a proposta do CdL para as persoas interesadas, sexan ou non da comunidade universitaria, que poderán realizar os cursos, que abranguen do nivel elemental A1 ao avanzado C2, dependendo do idioma, en formato semipresencial e virtual. “Estes cursos son unha continuación dos do primeiro cuadrimestre e inclúen exame de acreditación de nivel CertAcles ou o propio do CdL”, destacan desde o Centro de Linguas, ao tempo que lembran que, se as persoas interesadas non cursaron o primeiro cuadrimestres ou non teñen certificado do nivel anterior, ofréceselles unha proba de nivel virtual para determinar se posúen o nivel necesario para acceder ao curso, “garantindo así a homoxeneidade e nivel”.
Os cursos semipresenciais de alemán e inglés impartiranse entre finais do mes de xaneiro e principios do de maio nas escolas de enxeñaría Industrial e de Telecomunicación, mentres que os de español como lingua estranxeira serán presenciais e desenvolveranse na Facultade de Filoloxía e Tradución. “Estes cursos están destinado ao alumnado internacional que chega á UVigo para estudar materias en inglés ou materias english friendly, pero ao mesmo tempo precisa adquirir nocións de castelán e tamén para o alumnado que vén estudar materias en castelán pero precisa mellorar o seu nivel para empregar a lingua na redacción de traballos escritos, en presentacións orais de carácter académico, etc.”, explican desde o CdL.
En canto aos exames de acreditación, desde o Centro de Linguas lembran que as acreditacións de nivel son indispensables para solicitar bolsas de mobilidade internacional, para acceder a mestrados, participar en convocatorias públicas de selección de persoal, etc. A acreditación CertAcles ten validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior e na UVigo realízanse dúas convocatorias anuais, en outubro e en maio. Pola súa banda, os exames propios do CdL son acreditacións expedidas pola UVigo tras superar o exames dos curso de alemán e ELE en decembro ou en maio.
O TOELF, pola súa banda, é unha acreditación con validez nos EEUU e na maioría de institucións educativas do mundo. Na UVigo durante o segundo cuadrimestre a comunidade universitaria terá a súa disposición dúas convocatorias: o 11 de febreiro e o 6 de xuño. Mentres, o DELE é acreditación do Instituto Cervantes para persoas non castelán-falantes que precisen acreditar o seu nivel de castelán, que no caso da UVigo poderán realizar o 17 de febreiro o 13 de maio. Por último, o HELA, acreditación para que o PDI poida impartir docencia en inglés, conta con dúas convocatorias cada ano académico, en novembro e en marzo/abril.
Ademais o Centro de Linguas da UVigo imparte un curso de verán de formación de profesorado de 40 horas, recoñecido polo Instituto Cervantes, Iniciación á ensinanza de ELE, dirixido a persoas que queiran comezar a súa vida profesional ensinando a súa lingua noutros países ao tempo que aprenden outras linguas ou amplían os seus estudos.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL