Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo. Precisamente que sexa o estudantado o que asume integramente a responsabilidade de poñer en marcha cada ano, desde hai 23, esta iniciativa, converte o Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo nunha excepcionalidade no panorama universitario nacional, “ademais de ser un dos principais factores diferenciais e unha das claves do seu éxito”, aseguran María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco, coordinadora xeral e coordinador de comunicación, respectivamente, da 23ª edición do Foro.
Cando queda algo máis dun mes para que se celebre o evento, as e os organizadores aseguran ter una boa previsión en canto ao número e variedade de empresas que van participar e xa solicitaron o seu espazo para impartir conferencias e obradoiros. “Unha das principais modificacións que levamos a cabo a organización este ano consiste en dar maior relevancia aos workshops, permitindo que se estendan ata a hora e media de duración, para que aqueles que teñan unha forte carga práctica poidan desenvolverse de maneira eficaz e cómoda, tanto para os organizadores do taller, coma para os alumnos que asistan”, explican os organizadores, que contan este ano co apoio de 40 colaboradores e colaboradoras.
Nacido no ano 2001 co obxectivo de facilitar o achegamento dos e das futuras tituladas do ámbito tecnolóxico ás empresas do sector, a través dunha contorna amigable, na que se recollen currículos e producen interaccións entre o estudantado e as firmas, o Foro Tecnolóxico de Emprego segue a ter 23 anos despois a mesma motivación, “axudar a crear unha ponte entre a universidade e o mundo laboral. Axudar a que se perda ese posible medo inicial ao concepto etéreo de empresa e que o alumnado vexa que son persoas como eles, que levan a cabo proxectos que lles poden interesar e que a través dese primeiro contacto, poidan comezar a orientar os primeiros pasos da súa carreira profesional”, explican Camilo Piñón e María Purriños.
O evento, que este ano cambia os días de celebración de martes a xoves, en lugar de mércores a venres, “porque son os días máis concorridos nas escolas”, tamén introduce nesta 23ª edición melloras nos procesos de organización interna, “que esperamos teñan unha repercusión positiva en forma dunha mellor experiencia para os novos colaboradores, como para as empresas e, sobre todo, para o alumnado das escolas que asista ao evento”, explican os organizadores.
Para aqueles alumnos e alumnas que aínda nos asistisen a ningunha edición, as e os organizadores desta 23º edición anímaos a facelo, “porque supón unha magnifica primeira aproximación ao mundo laboral, ofrecéndolles potenciais empregadores e empresas de diversos sectores da enxeñaría de Galicia no que poden realizar prácticas, traballos de fin de grao, ou mesmo atopar o seu primeiro emprego despois da graduación”. Obter consellos de profesionais experimentados no ámbito da enxeñaría e establecer contactos, son outras razóns que as e os organizadores sinalan para asistir ao Foro e á que engaden, nun plano máis persoal, “a oportunidade de que o alumnado comece as prácticas soft skills, como son a comunicación en público ao interactuar coas empresas ou a creación do seu primeiro currículo e perfil de LinkedIn, habilidades que desde o Foro consideramos clave no proceso de busca de emprego”, explican.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL