'Idadismo', 'cis', 'antropoceno', 'trans', 'aeroxerador', 'zápping', 'jacuzzi' ou 'mandala' son algunhas das novas incorporacións ao dicionario da Real Academia Galega, que incluirá na súa próxima actualización o termo 'percebeiro', aínda non recollida. As novidades do dicionario da RAG recibiron o visto e prace do Seminario de Lexicografía da Academia e inclúe, ademais, novas acepcións para palabras como 'crocante' --alimento que fai ruído ao mordelo ou masticarlo--, 'compoñedor' --persona que pon de acordo a dúas partes enfrontadas-- ou 'transportador' --receptáculo para transportar animais domésticos pequenos--
Así pois, segundo trasladou a RAG nun comunicado este martes, súmanse neoloxismos como 'idadismo' e 'idadista', abreviaturas como 'cis' e 'trans' de palabras xa recollidas como 'cisxénero' e 'transxénero', ou novas palabras como 'deporte electrónico' ou 'aeroxerador'.
A actualización do dicionario de lingua galega reflicte a crecente preocupación polo cambio climático coa entrada da voz 'antropoceno' e das locuciones 'quencemento global' e 'efecto invernadoiro', así como outros termos asociados ao mundo da cociña e a alimentación como 'alfábega' ou 'alfarroba'.
Tamén se actualizan familias léxicas que "son moivo de consultas recorrentes por parte dos usuarios" que acoden ao dicionario. Entre este grupo están 'expendoría, 'lexibilidade', 'segredismo', 'solteiría', 'procedemental', 'actitudinal', 'competitividade', 'masaxear', 'titorizar' ou 'versionar'.
Por último, entra no dicionario unha remesa de extranjerismos como 'mandala', 'zápping' ou 'jacuzzi', ademais de palabras de vocabularios especializados pero de uso estendido como 'incomparecencia', 'peticionar', 'trabar embargamento' ou 'embargo'.
Asismismo, sumar 'escoada', sinómimo de 'coada' e 'delta lávico', dous termos que proceden da revisión xurdida após a erupción do volcán da Palma en 2021. Doutra banda, a Academia comunicou que na próxima actualización do seu dicionario incluirase o termo 'percebeiro', que xa foi recoñecido polo Seminario de Lexicografía.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL