Despois da visita polo Ensanche vigués o pasado 24 de marzo da man de Clara Roxo, o departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza ao longo deste mes de abril dous novos percorridos guiados e de balde pola cidade.
Esta iniciativa, que se engloba dentro da colección literaria “Historias para coñecermos Vigo”, levaranos o vindeiro sábado, 7 de abril, a Lavadores, hoxe barrio da cidade, concello con identidade xurídica propia no pasado.
Da man de María Lado, os asistentes ao percorrido visitarán algúns dos escenarios da novela da autora, “Entre os dous hai un río”. Así, a visita incluirá lugares relevantes histórica e socialmente na vida de Lavadores como a rúa Redomeira, que está na orixe do barrio, o mercado do Calvario e as rúas que o rodean; a sede do antigo concello; escolas Nieto ou a fábrica de porcelanas de Santa Clara, entre outras.
A visita arrancará as 11:00 horas no Mercado do Calvario o sábado, 7 de abril. A duración do percorrido é de entre hora e media e dúas horas e é preciso inscribirse previamente. Para este percorrido, todas as prazas foron xa cubertas, pero aínda poderás desfrutar da outra visita, as "Barricadas de Sal" de Teis.
Os percorridos literarios continuarán o penúltimo sábado de abril, día 21, da man de Francisco Castro que nos guiará a través da súa novela “Barricadas de Sal”, centrada en Teis.
O paseo literario dará comezo na explanada que hai xusto diante da entrada principal do Mercado de Teis. Dende aí, os asistentes baixarán pola rúa Purificación Saavedra, escenario na novela, como en 1972, de moitas escaramuzas entre os obreiros dos estaleiros en folga e a policía.
De seguido o percorrido baixará pola rúa Enrique Lorenzo ata chegar diante das Factorías Vulcano, estaleiro que ten un gran protagonismo na novela pois o protagonista é un dos represalaiados polas folgas obreiras de 1972.
A visita continuará logo ata as Casas Baratas de "Vichita" para ir subindo, de vagariño, ata a capela da Guía onde se falará de González Román, o arquitecto que a deseñou e importante galeguista nos tempos de Franco. Continuarase pola Carballeira da Guía para encetar a derradeira etapa do roteiro cara a praia da Punta, onde finalizará a visita.
Alí sae un Vitrasa que percorre case todo Vigo e que pode servir para que quen o desexe volva en autobús para comer.
Neste caso, a inscrición aínda non está aberta e farase pública a data para anotarse nas vindeiras semanas.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL