O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións. É por isto que o nivel de todos eles merece unha homenaxe no que foi o seu día. Tui celebrou este venres a súa Gala do Deporte nun Teatro Municipal ateigado para revivir todas as xestas dos seus deportistas en multitude de deportes nos que a cidade é referencia galega, nacional e mesmo internacional.
Foi unha gala especial, a novena da historia de Tui agora que se cumpren dez anos dende a primeira celebrada, e nela congregáronse os premios do 2022 pero tamén do 2021 e 2020, anos nos que a pandemia non permitiu esta celebración.
Neste ano 2022, a Gala do Deporte tudense premiou como deportista masculino en categoría absoluta a Manuel Garrido Barbosa, padeeiro e actual campión do mundo de Maratón, subcampión de Europa de Maratón e campión de España en C1. Comparte galardón con Rodrigo Conde Romero, actual subcampión do mundo e subcampión de Europa de remo olímpico. Como mellores deportistas femininas absolutas, Tui premiou á futbolista Sara ‘Tui’ González Rodríguez, ouro no Mundialito e campioa de Europa de fútbol praia e tamén a Tania Fernández García, campioa do mundo de maratón neste ano e subcampioa do mundo de maratón no 2021.
O Premio Deporte Tudense Entrenador recaeu en Óscar Cuña Rodríguez, adestrador do Club Tenis Tui con máis de dez anos de experiencia e artífice do ascenso do club á máxima categoría do tenis galego. O Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado foi para David González Mella, campión do mundo de piragüismo en paracanoe V1.
Marisa Giráldez Rodríguez, deportista e presidenta do Club Bádminton Tui, foi a galardoada coma Deportista Veterana Feminina mentres que Avelino Martínez Pérez, dobre ouro e bronce no Campionato do Mundo de Policías e Bombeiros entre outros galardóns, foi o premiado na mesma categoría no eido masculino.
No apartado de promesas, o xogador de balonmán Eduardo Alonso González, recén seleccionado coa Selección Española xuvenil, foi o premiado no apartado masculino, mentres que no feminino a distinción recaeu na padeeira Uxía Rodríguez Huertas, pola súa, participación no Europeo junior e terceira nos nacionais de K1 200.
A entidade deportiva que se levou o galardón foi o Club Kayak Tudense e tamén recibiu unha mención especial o club Biciosos Rías Baixas pola organización da que foi a novena edición BTT da Eurocidade con alto número de participantes. A firma comercial que recolleu o premio neste 2022 foi SETA, Sociedade Electricista de Tui, polo seu constante apoio ao deporte local e, se falamos do premio á promoción do deporte base, o galardón foi para Di Som Tui.
No relativo as anteriores edicións que non se puideron celebrar pola pandemia, a Gala do Deporte premiou a Gustavo Rodríguez Iglesias, triatleta e prata nos Xogos Paralímpicos de 2021, e José Leiras, primeiro xogador tudense de balonmán tudense en disputar a Liga Asobal o pasado ano. Sara ‘Tui’ González Rodríguez e Tania Fernández García, polos éxitos acadados tamén nos anos 2020 e 2021, recibiron de novo estes galardóns. O recoñecemento honorífico destes dous anos foi para Héctor Catalá Laparra, triatleta tudense que, xunto a Gustavo Rodríguez, foi prata nos Xogos Paralímpicos de 2021.
O Premio Deporte Tudense Adestrador deste período foi conxunto foi para o equipo técnico do Club Balonmán Tui. Así, recibiron esta homenaxe Jacobo Gregores Nogueira, Jaime Alfaya Solla, Manuel Fernández Pérez, Pablo Gándara González e Miguel Ángel Martínez Castiñeira O mesmo Club Balonmán Tui recibiu tamén o galardón como mellor entidade deportiva do 20/21 logo do ascenso á División de Honra do infantil masculino e feminino e do xuvenil masculino.
As promesas premiadas estes dous anos 20/21 foron Nieves Silva Martínez, campioa de España de remo en skiff cadete, e David Fernández Pérez, ciclista BTT campión nacional júnior da modalidade. Mentres, o veterano galardoado foi José Manuel Rodríguez Caramés, campión de España de duatlón máster.
Tui brindou tamén un recoñecemento honorífico a figuras claves e destacadas do deporte: Alfonso Vega Avelaira, José Luís Méndez, Luís López Pimentel, Manuel Martínez e Pedro Rodríguez, que que faleceron nos últimos anos. No momento en que os seus familiares recolleron a distinción o público brindou un emotivo e longo aplauso.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, no seu discurso, destacou o importante número de deportistas que hai na cidade que colleitan é éxitos a nivel nacional e internacional, polo que dicía “debemos sentirnos moi privilexiados” pero tamén “comprometidos co deporte” tanto a nivel social coma institucional, engadía.
Pola súa banda o concelleiro de Deporte, Rafael Estévez, repasou as cifras destes dez anos de galas: 106 deportistas premiados, 43 recoñecementos honoríficos, e nas últimas catro galas 139 deportistas internacionais. A Gala contou coa actuación musical da banda Old Bridge.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL