Dando voz aos nenos e nenas para coñecer a súa mirada sobre un tema tan importante coma a violencia de xénero, no pleno infantil celebrado onte venres, comezou o programa de actividades organizado polo Concello de Tui con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional para a erradicación da Violencia Contra a Muller.
Precisamente a infancia e a adolescencia son os sectores da poboación nos que este ano vai incidir especialmente a campaña posta en marcha polo Concello de Tui. Un traballo centrado na educación, na información, na concienciación e na prevención deste tipo condutas. Os carteis da campaña lanzan unha mensaxe directa aos e ás adolescentes sobre o que poden ser relacións nocivas e sobre a axuda que teñen ao seu carón.
Para iso dende a Concellería de Igualdade organizáronse unha serie de actividades nos distintos centros educativos. Así haberá contacontos e talleres formativos para o alumnado de Infantil e Primaria e a performance “A última cea” de Uxía Morán chegará ao alumnado de Secundaria. Amais o xoves 24 está programada a charla informativa “Agresións sexuais e violencia sexual” para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón. Mentres o alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos asistirá o xoves 24 ao monólogo “En pé de igualdade” con Arantxa Treus e Marta Doviro, e o mércores 30 á proxección da película-documental “Serás hombre”, con posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo.
No programa organizado con motivo do 25N tamén se busca dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista. Así o próximo martes, 22 de novembro, ás 19 h no edificio Francisco Sánchez celebrarase a mesa redonda “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección”. Na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos. Participarán representantes dos equipos VIOXEN da Garda Civil e da Policía Local, a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, e unha avogada especializada na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.
O 25N estará tamén presente na sesión plenaria de carácter ordinario que o próximo xoves 24 celebrará a corporación municipal de Tui. Será coa lectura da Declaración Institucional e coa constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
O acto central deste programa está previsto para o propio venres 25 de novembro, ás 19:00 horas no interior do edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada. Abrirase con “DesAlento” a acción escénica de Mónica Sueiro, seguida da lectura do manifesto e da actuación musical de Sofía Espiñeira.
As actividades continuarán o sábado 26 ás 12:00 horas na praza de Abastos coa performance “A última cea” de Uxía Morán. Mentres o martes 29 ás 19:00 horas na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, celebrarase a conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao solo si é si” a cargo de Laura Seara, avogada, deputada, e exsecretaria de Estado de Igualdade.
O sábado 3 de decembro darase continuidade a iniciativa posta en marcha o ano pasado para abordar cos medios de comunicación a presenza das mulleres nos mesmos, as redes sociais, e os cambios dende a aprobación da Lei de Igualdade Efectiva 3/2007 ata a perspectiva de xénero na política e a persistencia de estereotipos de xénero na comunicación e por suposto, elaborar propostas será na II Xornada de Comunicación e Igualdade.
Tamén ao longo do mes de decembro celebrarase o II Programa Municipal de Formación e Intervención interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo dirixido ao persoal do Concello de Tui.
A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, salienta coma a programación deste ano deseñouse pondo o aceno na concienciación da mocidade da importancia de erradicar a violencia de xénero e as actitudes machistas, así coma de "facer fronte ao negacionismo deste tipo de conductas e actos violentos".
Programa
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL