O Apalpador, a tradicional figura do Nadal en Galicia, visitará este ano 46 concellos da provincia da man do programa "Nadal en Galego" da Deputación de Pontevedra, e en compañía do acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor, que se pasearán polas rúas das diferentes localidades entre o próximo 19 de decembro e o 4 de xaneiro. As primeras xornadas, entre o 19 e o 22 de decembro polas tardes, haberá actividades, pasarrúas ao aire libre e actuacións en espazos pechados. Ademais, ata o 4 de xaneiro, excepto os días de Nadal e Aninovo, haberá dous eventos pola mañá e dous pola tarde.
A falta de coñecer as datas e os horarios de cada localidade, que se publicará nos próximos días, se sabe que O Apalpador visitará na área de Vigo os concello de Salceda de Caselas, O Porriño, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomaior e Mos. Tamén chegará a Marín, Bueu, Cangas e Moaña no Morrazo; Oia, Gondomar, e Nigrán no Val Miñor; A Cañiza, Salvaterra de Miño, As Neves, Ponteareas, Mondariz, Mondariz- Balneario e Arbo no Condado-Paradanta; Tomiño e Tui no Baixo Miño; Poio, Barro, A Lama, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra; Cambados, A Illa, Vilagarcía, Meis, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo no Salnés; Pontecesures, Portas, Cuntis e Caldas na comarca de Caldas; e Dozón, Agolada, A Estrada, Forcarei, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro e Lalín no Deza-Tabeirós.
Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas as comarcas da provincia.
O programa "Nadal en Galego" foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia de Galicia e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, 'O Apalpador' representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL