O Consorcio de Augas do Louro celebrará a súa segunda xornada de portas abertas na estación depuradora de Guillarei este xoves 22 de marzo coincidindo co "Día mundial da auga".
Durante esta xornada realizarase a presentación do terceiro concurso de debuxo infantil, que este ano tratará sobre a potabilización co lema "A emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa". O premio para o gañador de cada Concello será unha Tablet Samsung de 7'' e para os finalistas unha cámara dixital acuática. Participarán os rapaces de 3º e 4º de educación primaria dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, sendo o prazo de presentación dos debuxos o comprendido entre o 1 de abril e o 20 de maio.
A continuación, inaugurarase o novo domo xeodésico adaptado para acoller as visitas dos nenos aos que vai dirixido o concurso, que será utilizado para dar a coñecer as diferentes fases do ciclo da auga mediante vídeos explicativos.
Calquera persoa que estea interesada en visitar a sede do Consorcio e o funcionamiento das instalacións, terá ao seu dispor dúas quendas de visita ás 10:30 da mañá e ás 16:30 horas da tarde. É necesario achegarse ás instalacións media hora antes do inicio das visitas para recibir a información necesaria sobre as medidas de seguridade que deben respectarse durante o percorrido, que inclúe a entrada ás galerías subterráneas que comunican as diversas partes da depuradora.
El Gran Vía de Vigo premiará con tarjetas regalo a los que adivinen el precio de los "outfits" expuestos en la Planta 0 del centro comercial
Un nuevo enfoque es lo que busca este año el centro comercial A Laxe de Vigo con su segunda edición de Objetivo A Laxe
El bingo de Vialia Vigo, que se celebrará el 30 de junio, domingo de apertura, permitirá a los clientes ganar importantes premios
Un concurso de la UVigo para encontrar a los mejores youtubers científicos de su personal investigador
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL