Coa música de Cora Velasco, a acústica de Santa Clara, e nun acto con concellos da provincia e colectivos de mulleres, da cultura e da sociedade, a Deputación de Pontevedra vén de arrancar “Fronte ao negacionismo. Alianzas dende o feminismo”, a programación da institución provincial para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, reclamou na presentación dos actos que “de novo estamos no tempo de estar alerta, de ser vixiantes, porque todas as crises sempre fan que a igualdade retroceda e, esta vez, non o vai facer porque hai moitas mulleres aliadas contra as violencias machistas e as discriminacións”. A presidenta recordou que este ano foron xa asasinadas 38 mulleres e 2 menores, que outras 26 nenas e nenos quedaron orfos e dende o 2003, cando se comezaron a facer estatísticas, asasináronse 1.168 mulleres.
A axenda de actividades previstas irá máis alá do propio 25N, cando terá lugar a lectura da declaración institucional e o arranque da oitava edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero”. O tiro de saída do programa, que percorrerá no que queda de ano e durante 2023 25 concellos da provincia a través de 25 accións artísticas lideradas por 35 mulleres artistas, terá lugar o día 25N no Pazo Provincial en Pontevedra ás 10:00 horas con “Corpos de abismos”, a cargo da compañía “Duelirium” que porá en marcha un espectáculo con acrobacias para representar “a caída aos abismos que sufrimos as mulleres”. Ese mesmo día, ás 18:00 horas no MARCO de Vigo terá lugar a outra acción inaugural a cargo de Iria Sobrado, Ana Gesto e Elena Salgueiro que farán con “Canon circular” unha performance para “afondar en rituais antropolóxicos que visualizan as violencias machistas. Amais de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, a presidenta da Deputación tamén explicou ao detalle as catro alianzas a carón das que se vai vertebrar o programa, centradas na comunicación, na educación, na cultura e na investigación e no coñecemento.
Así, no marco das alianzas dende a comunicación, o 18 de novembro despregaranse as lonas co lema “Fronte ao negacionismo. Alianzas dende o feminismo” nas fachadas das sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo. Xa o 25 de novembro, que coincide ademais coa celebración do pleno ordinario da institución, terá lugar a declaración institucional que será redactada e lida por Azucena Arias, “unha muller da educación e da universidade”.
En canto ás alianzas dende a educación, durante o mes de novembro estase xa a desenvolver o curso online no marco da Escola de Igualdade María Vinyals, coordinado por Rosa Cobo, con temáticas centradas na axenda política feminista. Tamén entre novembro e decembro a Deputación ten en marcha a segunda edición do ciclo “Canteira de Igualdade” en centros de secundaria da provincia. Ademais, este mes vaise presentar un proxecto con financiación europea “moi novidoso”, un videoxogo que pretende ser “unha ferramenta educativa para promover a igualdade, implicando á mocidade no cambio”, e xa cara o Nadal impulsarase a campaña para a adquisición do xoguete non sexista e non violento.
Pola súa banda enmarcadas nas alianzas dende a cultura, organizarase o encontro de mulleres da escrita que terá lugar o venres, 11 de novembro, na sede da Deputación en Vigo, e que o 21 terá lugar a mostra “Dende a fenda. Prácticas artísticas e feministas en Galicia”, para reclamar a posición das mulleres na cultura. Ademais, ata o 24 de novembro estase a desenvolver o ciclo “Cinema mulleres” e a finais de mes terá lugar no Culturgal unha das acción de “Violencia Zero”.
Finalmente, no marco das alianzas dende a investigación e coñecemento, ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0 este mes de novembro estanse a desenvolver diferentes actividades entre as que se inclúe a presentación do Informe “Stop Machitroles”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL