As Jornadas sobre tecnologías y soluciones para la automatización industrial (JAI) recuperarán a presencialidade do 14 ao 18 de novembro nunha edición récord en número de firmas participantes (preto de 125), persoas asistentes rexistradas (2000 entre profesionais e alumnado) e conferencias (45). A 8ª edición das JAI achega ademais novidades no seu programa, con catro mesas redondas, dúas moderadas por ISA Spain e as outras dúas por AER Automation, centradas en ciberseguridade, mantemento preditivo, robótica móbil e visión e intelixencia artificial; ao que se engade unha grande exposición de robótica, co dobre de participantes que na derradeira edición, e a presenza de Spot Enterprise de Boston Dynamics, o cuadrúpedo co brazo máis avanzado do momento. Así mesmo, varias firmas patrocinadoras e participantes amosaran os seus robots máis avanzados, nos eidos colaborativo, sensitivo e móbiles autónomos, principalmente.
Este mediodía na presentación das JAI 2022 a vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da UVigo, Mónica Valderrama, gabou o labor desenvolvido ao longo de 18 anos e oito edicións das xornadas polo seu coordinador, o docente e profesor do departamento de Enxeñaría de sistemas e automática, José Ignacio Armesto, ao tempo que manifestou o total apoio da institución académica á iniciativa. “Isto é como un buque insignia para todas as enxeñarías e un exemplo de colaboración púlblico-privada, da que tanto se fala, que resulta moi estimulante para os estudantes porque os pon en contacto coa realidade dun sector que ten grandísimo atractivo”, dixo a vicerreitora .Valderrama tamén destacou o atractivo das JAI para a captación de alumnado e o “importantísimo” aval que lle outorgan moitas empresas.
Pola súa banda, Armesto lembrou que o evento ao longo dos anos contou coa participación de alumnado de diferentes titulacións que se imparten na UVigo, de xeito que, “facéndoo o máis profesional posible, teña tamén un toque lúdico, porque a tecnoloxía é divertida, ademais de ter unhas bases de aprendizaxe universitaria”. O coordinador das JAI destacou o innovador desta fórmula, que non existe nin en España, nin fóra, “polo que chama bastante a atención ás firmas, que cando o coñecen, gústalles o formato”.
As novidades desta edición,que un ano máis persegue o obxectivo de poñer en contacto o mundo universitario, en especial ao seu estudantando, coa realidade profesional do sector, complétanse co cambio de localización das conferencias, que este ano se desenvolverán no salón de actos da Escola de Telecomunicación, e non na de Enxeñaría Industrial, como viña sendo habitual. Pola sua banda, o showroom Industria 4.0 si manterá a súa tradicional ubicación na entrada da EE Industrial, onde nesta 8ª edición se darán cita unha trintena de postos expositivos, que se irán rotando durante os catro días de duración das xornadas e nos que haberá espazo para a robótica lúdica e social, avanzada e móbil e colaborativa. Ademais este ano, terán especial protagonismo neste showroom as asociacións de estudantes como UVigo SpaceLab ou UVigo Motorsport.
Entre o 14 e o 18 de novembro superaranse as 40 horas de conferencias e mesas redondas, impartidas por 70 profesionais do sector, que abordarán nos seus relatorios cuestións como infraestruturas críticas, monitorización e control, activos IT/OT, ciberseguridade industrial e zero trust, xemelgo dixital, intelixencia artificial, analítica de datos, industria de proceso, etc. Logo da edición integramente virtual do ano 2020, Armesto destacou o traballo realizado desde hai meses para garantir un elevado número de inscricións e asegurou que “semella que a xente ten ganas de volver á normalidade. Ao final o éxito destes eventos mídese pola audiencia e está causando impacto e a todo o mundo que lle explicas esta fusión universidade-empresa, na que eles veñen á nosa casa, lles gusta”. Neste sentido, o coordinador das JAI agradeceu a presenza nesta edición, que tamén se poderá seguir de xeito virtual, de 35 firmas moi recoñecidas no sector, así como dos patrocinadores.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL