A Torre de Meira en Moaña será obxecto dun novo proxecto de escavación -o máis ambicioso dos realizados ata o de agora- para coñecer máis sobre a súa historia e sacar á luz todo o seu potencial. Así se anunciou hoxe na visita guiada á construción na que participou a deputada de Patrimonio María Ortega, integrantes do Concello de Moaña e veciñanza da vila xunto a parte da equipa arqueolóxica.
A responsable provincial María Ortega destacou a importante colaboración económica da Deputación nos labores de escavación e restauración grazas ás axudas provincias de rehabilitación do Patrimonio e subliñou que o obxectivo é que tamén haxa achega provincial para a nova fase dos traballos. Ortega destacou que é fundamental coñecer e poñer en valor a historia da construción, divulgándoa entre a veciñanza para que sexa consciente da súa importancia, xa que se trata dun dos elementos patrimoniais de maior interese do municipio.
O concelleiro de Urbanismo Odilo Barreiro, responsable local da actuación, pola súa banda, subliñou que a futura escavación terá un orzamento superior aos 40.000 euros, o que revela a importancia que ten a recuperación da torre para o Concello de Moaña, non só pola propia recuperación patrimonial en si mesma, senón como eixo para potenciar o turismo sustentable. “É moi importante seguir avanzando”, dixo.
A pesares de que o tempo non acompañou, a visita guiada serviu para que o persoal responsable da escavación explicara as diferentes fases que se levan realizado ata o de agora na Torre de Meira. Na primeira -dixeron- os traballos centráronse na rehabilitación da propia torre, unha construción coas características formais dun castelo, da que se levantaron tres fileiras de perpiaños que permiten unha vista clara do que era antigamente.
Na segunda fase o proxecto pretendía poñer a descubierto a muralla que supostamente rodeaba a torre, xa que todo indicaba a súa existencia ao teren descuberto un patio de armas e tamén un foxo. Dado que no traballo de campo se detectou que apenas existían restos dese paramento a actuación reorientouse cara ao estudo do patio de armas, no que apareceron restos de tégulas e partes decoradas que daban a entender que podería haber outras edificacións auxiliares. A existencia destas estruturas deberá quedar aclarada na futura excavación anunciada hoxe.
Nas catas realizadas ata o de agora apareceron restos arqueolóxicos dignos de mención como unha pequena cruz de bronce que podería estar relacionada con algún xoieiro ou formar parte dun elemento decorativo maior; colmillos de xabaríns; restos de cerámica do século XV que se identificaron como de ‘manises’, procedente do Levante; ou unha moeda romana da época de Constancio, probablemente con orixe por proximidade no Castro das Cidades.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL