As e os integrantes da Asociación Retórica da Universidade de Vigo seguen a sumar éxitos, desta volta na décima edición da Liga Española de Debate Universitario (LEDU), celebrada a fin de semana en Zaragoza, coa participación de 14 equipos en representación doutras tantas universidades españolas. O enxeñeiro en Electrónica Industrial e Automática da UVigo Guillermo Fernández Sánchez foi quen de revalidar o seu título de mellor orador universitario de España, mentres que o equipo da UVigo proclamouse subcampión da LEDU, que gañou o equipo da Universidad de Málaga. “Cumprir un soño que consideraba inalcanzable”, significa para Guillermo Fernández esta segunda vitoria acadada na LEDU, un triunfo que agradece“ a todos os xuíces, resto de compañeiros das distintas universidades e principalmente ao apoio, feedback e cariño que me amosou o meu equipo. Grazas a eles conseguimos mellorar e acadar de novo este título”, asegura o mellor orador universitario de España.
Pola súa banda, contando con Guillermo Fernández nas súas ringleiras, o equipo da UVigo que acadou o subcampionato da LEDU 2022 estaba formado por Santiago Janeiro (Enxeñaría de Telecomunicacións), Inés Túñez (Tradución e Interpretación), Laura Bacariza (Enxeñaría de Telecomunicacións), Martín Blanco (PCEO Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e Enxeñaría Mecánica) e Tomás Aparicio (Doble Grao Derecho e ADE). “Para nós é acadar o ouro, non houbo sentimento negativo. Pasamos de estar entre os oito mellores o ano pasado a ser o segundo mellor equipo en 2022. Dinnos isto hai un ano e non o creríamos”, asegura Guillermo Fernández, que destaca a boa relación que manteñen co equipo Aduma da Universidad de Málaga, gañador da competición. “É un equipo co que temos unha gran relación e se gañan eles, tamén gañamos nós. Disfrutamos dunha incrible final contra eles e a deportividade que se vive na LEDU é tremenda. Aquí gañamos todos”, asegura o enxeñeiro.
A 3000 euros ascende o galardón acadado polos subcampións da LEDU, que nesta edición contou co expresidente de Ciudadanos, Albert Rivera, como presidente do xurado, acompañado de expertos en oratoria e directivos de empresas. Verase afectada a democracia pola virtualización da sociedade? foi o tema sobre o discutiron os integrantes dos equipo da Universidade de Málaga e da Universidade de Vigo.
Vestido coa americana deseñada pola firma El Ganso, que o acredita como mellor orador universitario de España, Guillermo Fernández, tamén recibiu como gañador da competición un trofeo e unha bolsa da Academia EY Voice, ademais dun teléfono móbil. “Hai moito traballo e esforzo detrás deste último mes estudando e aprendendo e ensaiando toda a información posible para responder á pregunta do torneo, porque todos os razonamentos, ideas disruptivas e exordios visuais están previamente meditados”, explica Guillermo Fernández.
O de novo mellor orador universitario de España sinala a naturalidade e a ilusión como dúas das claves determinantes para a súa vitoria. “Destacou unha valoración que me outorgaron os xuíces e é que no escenario son eu mesmo (a naturalidade). Sabía que este torneo ía ser o me ‘derradeiro baile’ como debatente e saía ao escenario coa mesma ilusión que na LEDU 2021. A mesma ilusión que ten un neno cando fai algo que lle apaixona”, asegura o enxeñeiro da UVigo.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL