Tres días, vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings, un festival con bandas transfronteirizas, e máis de 200 profesionais, consolidan ao MUMI como marca cultural da Eurocidade tui-Valença, e como unha feira que ademais de abrir mercado con Portugal funciona tamén como punto de encontro para a industria musical galega.
A Eurocidade Tui-Valença congregou a boa parte das empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal durante os tres días nos que se desenvolveu o MUMI 2022. Do 29 de setembro ao 1 de outubro, o Encontro Profesional das Músicas no Minho reuniu a máis de 200 profesionais que participaron en mesas redondas e reunións nas que se abordaron as posibilidades de colaboración e os desafíos do sector. A organización do MUMI 2022 fai balance desta terceira feira profesional luso-galaica que “está a conseguir ampliar as fronteiras para as nosas músicas e aumentar exponencialmente o mercado potencial de artistas e industria”. E aínda engaden que “para o sector galego, este encontro cumpre unha dobre función poque ademais de crear un espazo de intercambio entre o sector musical de ambas beiras do Miño, é tamén a única feira de música coa que contamos en Galiza, por tanto estase posicionando como a cita de referencia para presentar novos proxectos musicais a axentes e programadores galegos”.
Tres días, vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings na Zona PRO AGADIC, un festival de bandas transfronteirizas, máis de 200 profesionais e localizacións a ambas beiras do Miño, borrando fronteiras e conseguindo facer realidade os obxectivos de confluencia cultural da Eurocidade Tui-Valença, que se converte nun territorio vital e ideal para o MUMI. As persoas inscritas participaron activamente nos speedmeetings que se desenvolveron na área profesional, encontros tan rápidos como intensos que poñen en contacto a artistas, profesionais da programación e a xestión de diferentes puntos xeográficos ou a empresas con novos talentos.
Este tipo de encontros conforman a identidade do MUMI 2022 cuxo obxectivo principal é establecer un novo escenario para este tipo de interrelacións e intercambios. Os profesionais inscritos tiveron a oportunidade de asistir a mesas redondas que recolleron as inquedanzas do sector, moitas delas agravadas trala etapa pandémica. O estatuto profesional dos artistas, os riscos laborais nos eventos, o financiamento de proxectos, as relacións coas administracións, o papel dos medios na comunicación de proxectos musicais e as dificultades que teñen que enfrentar os proxectos transfronteirizos, foron os temas das palestras que tiveron lugar durante o encontro. Entre as bandas que protagonizaron os showcases dirixidos exclusivamente a profesionais estiveron os portugueses Manuel Maio e Meta; e os galegos Momboi, Caamaño & Ameixeiras, Xan Campos Trio e Mounqup.
Ademais de toda a programación dirixida ao público profesional, a organización do MUMI 2022 tivo claro desde un primeiro momento a necesaria proxección pública do evento coa inclusión de actividades e concertos para a cidadanía. Brais Morán & Nasaufunk, Caldo, Néboa, Golfiños, Raia, 47 de Fevereiro, Crua, Bird are Indie, Dapunksportif, Space Ensemble, foron as bandas que tocaron para o público xeral en espazos como o Teatro Municipal, o Paseo da Corredoira de Tui e o jardín Municipal de Valença.
Ademais o concerto de apertura deste MUMI 2022 puxo o foco no patrimonio musical de ambas beiras con dúas propostas que experimentan a partir da raíz. O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subiron ao palco do Jardim Mnucipal de Valença na primeira xornada do encontro e conseguiron emocionar cun repertorio tradicional revisado desde unha óptica contemporánea que sen dúbida contribúe a manter vivas as nosas músicas de raíz. Nese showcase de apertura Xosé Lois Romero & Aliboria presentaron as novas cancións publicadas neste 2022 con máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para traballar a terra. Pola súa parte, o portugués Omiri sorprendeu cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo, empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, e ás coreografías de dous danzarin@s que mesturaron hip-hop, danza contemporánea e tradición.
O MUMI 2022 pechou esta 3ª edición co Festival Rio Minho Transfronteiriço (AECT Río Miño), onde actuaron 4 bandas da zona transfronteiriza, dúas de Galicia e outras 2 de Portugal, escollidas entre as que se candidataron para actuar no MUMI pero que non foron seleccionadas para os showcases oficiais: Helen&Shana, Jasper, Rockin´Gina and The Sentinels, e Rackam. Con esta iniciativa, o MUMI pretende xerar un retorno na comunidade onde se celebra o encontro e achegar un valor engadido ás iniciativas locais en materia de música. O Festival Rio Minho Transfronteiriço foi unha das novidades desta edición e foi posible grazas ao apoio da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), un instrumento de cooperación que agrupa a 16 municipios galegos e 10 portugueses, e que desenvolve programas, proxectos e accións comúns para a cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño.
A organización do MUMI, un proxecto que viñan madurando desde hai anos un grupo de empresas culturais de Galicia e Portugal, expresou de maneira especial o seu agradecemento aos concellos da Eurocidade, Tui e Valença, pola aposta que fixeron desde o primeiro momento. Ambos concellos amosáronse sempre convencidos de que a Eurocidade Tui-Valença, un dos poucos espazos transfronteirizos en Europa de carácter urbano, pola súa necesidade de horizontes comúns, era o territorio acaído para un proxecto como o MUMI. Ambas institucións entenden que as implicacións sociais e económicas da actividade cultural e, máis concretamente, da música, están xerando benestar e progreso no territorio, e que o MUMI pode ser a mellor marca cultural da Eurocidade. Desde a organización do MUMI 2022, o balance da edición resúmese na capacidade que está demostrando o encontro para “crear oportunidades par as nosas industrias musicais, para os nosos artistas e os nosos territorios”, e a confirmación de que a feira se está a converter unha cita de referencia e unha ferramenta importante para a circulación de músicas entre Galiza e Portugal. O MUMI está patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença, a Direção Regional de Cultura do Norte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a AECT Rio Minho, a Fundação GDA e Bodegas Martín Códax.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL