Trala gran acollida da primeira edición, o GFFF volverá programar unha xornada para que os pequenos da casa vivan a experiencia de desfrutar dun festival de cinema. O Pequefreak será o 24 de setembro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e, ademais de proxección de curtametraxes e unha longa pragadas de fantasía e orixinalidade, os nenos poderán participar nun obradoiro de efectos especiais cinematográficos e unha experiencia inmersiva de realidade virtual.
As proxeccións serán o eixo central da programación, con dous bloques de curtametraxes internacionais divididos por idades. Serán 13 filmes nunca vistos antes en Galicia, dos que 7 son estreas en España. As curtametraxes están divididas en dous bloques: as das 12:30h da mañá son aptas para pequenos freaks de todas as idades, mentres que as da tarde están pensadas para desfrutar con máis de 7 anos. Os asistentes deberán elixir a súa curta favorita, que recibirá o Gran Premio “Olimpo dos Pequefreaks”.
A xornada finalizará coa proxección de Tron, un clásico da ciencia ficción dirixido por Steven Lisberger en 1982 co que os organizadores esperan ver as mesmas caras de abraio que puxeron os pais dos pequefreaks hai 40 anos. O filme está protagonizao por un noviño Jeff Bridges e supuxo un antes e despois grazas á súa inconfundible estética, creada por Syd Mead (responsable tamén de Blade Runner ou Star Trek), así como polas súas innovadoras e pioneiras escenas creadas por ordenador. A proxección será ás 20:45h.
A xornada arrincará cun obradoiro no que os pequefreaks descubrirán algunhas das técnicas coas que se crean os efectos especiais das películas e levaranas á práctica creando sanguinolentas feridas, dedos amputados ou unha terceira orella. Todo isto con materiais sinxelos, como o papel ou o algodón, cos que poderán seguir experimentando na casa.
O obradoiro estará impartido por Ricardo Spencer, profesor na IES Audiovisual de Vigo e director da empresa SFX efectos especiais. Spencer ten experiencia no audiovisual galego e brasileiro como director e productor e foi codirector do I Festival de Cine Fantástico de Vigo, no ano 2000.
Logo do éxito acadado na primeira edición, a realidade virtual volve ao Pequefreak. A partir das 18:30h, e coa axuda de gafas e mandos, os cativos gozarán de diferentes xogos e experiencias inmersivas nas que aprenderán sobre o mundo da robótica e a electrónica de xeito divertido. A actividade realízase en colaboración coa empresa de ocio de realidade virtual Inmersia, pioneira neste tipo de ocio en Galicia. Esta actividade ten prazas moi limitadas para poder garantir que os pequenos desfruten da experiencia co tempo suficiente. Está reservada para nenos a partir de 7 anos que teñan entrada para as curtas ou o filme.
As entradas xa están á venda na web do festival para todas as actividades cos seguintes prezos:
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL