Adeus ou até pronto. As ondas do mar de Vigo choran pola marcha do Pergamiño Vindel. As sete cantigas de Martín Códax naceron ao seu carón. Volveron estar xuntas durante cinco meses e, dende o pasado luns, a xoia fundamental para coñecer a orixe da cultura galega puxo rumbo cara a Nova York.
A exposición foi un éxito. Arredor de 55.000 persoas asistiron á mostra "Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas" nos cinco meses que estivo no Museo do Mar. O manuscrito xa non está en Vigo. A exposición rematou o domingo 4 de marzo e o luns despediuse cun acto que contou coa música de Roi Casal e Uxía e mais coa participación de Troula Animación.
En Metropolitano.gal queremos que teñas un último encontro co Pergamiño Vindel, unha derradeira oportunidade para ver de preto (aínda que non sexa en persoa) unha xoia como o manuscrito de Martín Códax.
Os galegos e as ondas do Mar de Vigo volveron dicir adeus ao Pergamiño Vindel. Oxalá que esa despedida sexa efímera, que sexa un até pronto. Mentres tanto, tedes este vídeo para ver unha e outra vez o valor desta xoia que iluminou durante cinco meses a ría de Vigo, o seu verdadeiro fogar.
O pergamiño ten un incontestable valor social, histórico, lingüístico e cultural para Galicia e tamén para o mundo.
1. Trátase do único dos tres manuscritos medievais que se conservan na actualidade que integra texto xunto coa notación musical. Neste senso, o seu valor é soamente comparable co Cancioneiro da Ajuda e as sete cantigas de amor compostas polo rei de Portugal, Dom Dinis.
2. Os poemas foron escritos nunha soa peza de pergamiño e cando foi descuberto, o manuscrito foi a única cantiga con notación musical escrita no século XIII. Está polo tanto considerado como o cumio da poesía vernácula e a música non relixiosa.
3. É unha xoia para a lingua galega e a historia propia de Galicia. Cando foi escrito, aínda existia o Reino de Galicia e o pergamiño clarifica o papel protagonista do galego-portugués na cultura como lingua vehicular nos cancioneiros medievais. Representa o berce da lingua galega, e da unión efectiva, a través dos dous idiomas fillos do galego-portugués, de 200 millóns de falantes na actualidade.
O pergamiño ten unha dimensión de 34x45 centímetros e está escrito a catro columnas de 26,24,23 e 17 liñas, respectivamente. En total hai seis composicións líricas con notación musical (“Ondas do mar do Vigo”; “Mandad’ei comigo ca ven meu amigo”; “Mia yrrmana fremosa treides comigo”; “Ay Deus se sab’ora meu amado”; “Quantas sabedes amar amigo”; “Ay ondas que eu vin ver”) e unha séptima, “En o sagrad’e Vigo”, que carece de notación musical.
Unha das máis famosas e recoñecidas é, posiblemente, “Ondas do mar de Vigo”
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Este martes, o concelleiro Carlos López-Font reprobou as declaracións de Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, no acto de clausura da exposición de Pergamiño Vindel por afirmar que "a Morgan Library non vende, senón que compra". O edil socialista sinalou que con estas verbas o reitor "colócase como portavoz da Morgan e da argumentos aos que non queren que Vigo recupere o Vindel". O titular de Seguridade e Mobilidade reiterou que a proposta do Concello de Vigo e lograr o regreso definitivo das cantigas de Martín Códax a urbe galega.
Carlos López-Font enumerou os tres puntos que se tratarán no pleno extraordinario de este mércores 7 de marzo. "Instar ao Ministerio de Cultura sexan adquiridas e restituidas a Vigo, instar á Xunta para que coopere na recuperación desta peza e ofrecer a máxima colaboración dende o Concello para o retorno do Pergamiño Vindel a Vigo". O concelleiro tamén sinalou que tras a presenza do manuscrito estes cinco meses no Museo do Mar "é o momento de reivindicar o que é máis xusto para esta cidade: convertir este documento de todos os vigueses".
O denominado “Pergamiño Vindel” é o documento orixinal que contén as sete cantigas de amigo do trobador galego Martín Codáx, cantigas que escribiu no século XIII. Na obra, chea de sensualidade e de referencias a ritos pagáns, unha moza manifesta o seu desexo de reencontrarse co seu namorado.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL