Grande éxito da décimo quinta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño. O evento pechou este domingo as súas portas despois de tres días de expositores, novidades, obradoiros, mesas técnicas, exposicións e actividades cunha grande afluencia de público. Tratábase dunha edición na que a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), organizadora do evento xunto co Concello de Tomiño, apostaba de cheo pola profesionalización do sector, creando por primeira vez un espazo que xiraba arredor do emprego no agro, cun taller de empregabilidade e cunha mesa técnica centrada no modelo de negocio no agro no que se abordaron distintas perspectivas do sector e diversas fórmulas de éxito tamén a través do testemuño de empresas da comarca.
Ademais, por primeira vez a Mostra de Cultivos abría as súas portas un día antes para abrir o abano do público profesional, unha decisión que resultou “moi favorable, xa que duplicamos as visitas recibidas de profesionais do sector e xeramos dúas xornadas de negocio, aumentando así o volume de intercambios comerciais”, salientou a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez.
A este incremento súmase a ampliación da fronteira xeográfica dos visitantes, xa que houbo moitos procedentes de todos os puntos de Galicia e de Portugal. “Estamos moi satisfeitos, aínda que non conformes, xa que sabemos que temos que seguir traballando e debemos de facelo con tempo para conseguir mellores resultados”, asegurou Rodríguez.
A organización amósame moi contenta non soamente coa afluencia do público profesional, senón tamén do público xeral, un éxito avalado pola gran xornada de ventas realizadas polo centro de educación especial San Xerome. Por primeira vez, a Mostra daba resposta a unha demanda reiterada por parte dos visitantes, que buscaban poder comprar produtos durante o evento.
E o facía ao tempo que reforzaba a súa responsabilidade social coa contorna, firmando un convenio de colaboración con este centro educativo de A Guarda, que durante todo o domingo contou cun punto de venta de produtos doados polo resto de expositores, arredor de 30, para recadar fondos para a reforma dunha bañeira terapéutica. “Tratábase non só de comprar, senón de facelo cun marcado fondo social”, explica Rodríguez, quen asegura que “foi unha experiencia que funcionou moi ben, polo que a repetiremos en vindeiras edicións”.
Entre as novidades presentadas este ano na Mostra estivo a presentación e posta en marcha dos I Premios Xardín Galego, cos que acuBam e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) buscan recoñecer e difundir actuacións exemplares na execución de traballos de xardinería pública e privada realizados en Galicia por empresa e autónomos. Dende esta mesma fin de semana e ata o 31 de xaneiro de 2019 os interesados poderán presentar os seus traballos, nos que o xurado valorará a prioridade de uso de material vexetal fronte a materiais inertes, a preferencia de material vexetal producido en Galicia e os criterios de sustentabilidade aplicado á obra, así como o deseño, a creatividade, a orixinalidade ou a composición vexetal, combinación de especies, textura e cor.
As e os interesados en participar deberán enviar un correo electrónico a info@agaexar.gal coa ficha de inscrición cos datos do candidato, a declaración escrita que garanta a autoría da obra presentada, fotografías xerais e de detalle co antes e o despois da intervención e unha memoria descritiva do proxecto realizado. O gañador coñecerase durante a celebración da próxima edición da Mostra, en 2019, na que tamén se montará unha exposición coas fotografías dos proxectos participantes.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL