O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, será o pregoeiro das Festas do Cristo 2022. Así o deu a coñecer hoxe o alcalde, Alejandro Lorenzo, poñendo nome ao protagonista do esperado pistoletazo de saída das festas patronais.
O rexedor quixo agradecer ao pregoeiro que aceptase a proposta do Concello para ser o persoeiro destacado destas festas. “Podemos dicir que Pato é un símbolo do noso pobo, tanto a nivel cultural como persoal; un porriñés de corazón e un grandísimo embaixador da nosa vila”, apuntou o rexedor para engadir que "conta coa condición indispensable para subir ao balcón como pregoeiro: sentir paixón polo Porriño e levalo sempre por bandeira”.
Pola súa banda, Alfonso Pato, destacou que “é toda unha honra para min dar o pregón das Festas e máis aínda neste ano tan sinalado, no que o Festival de Cans cumpre 20 anos”.
Alfonso Pato é Director do Festival de Cans desde a súa primeira edición en 2004, onde formou parte do equipo fundador que puxo ao Porriño no mapa cultural nacional e internacional.
Ademais da súa visibilidade como director do Festival de Cans, é Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e ten unha traxectoria xornalística de máis de trinta anos traballando en ámbitos da comunicación en medios como Xornal Diarioe, El País, en TVE e na TVG, ademais de multitude de produtoras audiovisuais. Na actualidade escribe habitualmente en Eldiario.es
Na TVG desenvolveu unha longa traxectoria como guionista e como director de programas en máis de trinta espazos diferentes. Entre eles, foi director de “Onda Curta” , primeiro programa sobre curtametraxes feito en Galicia, e polo que gañou un Premio Mestre Mateo en 2010. A título individual, foi galardonado tamén co Premio da Cultura que otorga o CRC de O Porriño, unha das grandes entidades locais.
En calidade de xestor de accións culturais singulares nun entorno rural, ten participado en encontros e coloquios por toda España (Bilbao, Oviedo, Cáceres, Madrid, Barcelona…) e en países como Portugal, Francia, Bélxica ou Inglaterra, en universidades galegas e noutras de fóra de Galicia como Deusto, Universidade Católica do Porto, ou Université Sorbonne- Paris 3, de París.
Pertence aos socios fundadores do Sindicato Profesional de Xornalistas de Galicia (SPXG), foi membro do Consello Asesor do Centro Dramático Galego (2010-2012), directivo da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) (2011- 2015), sendo un dos impulsores da recentemente constituída Coordinadora de Festivais de Cinema de Galicia, Proxecta.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL