A actividade do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo sae das aulas para achegarse ao colectivo sénior do Rosal e do Baixo Miño, promovendo por uns días a formación entre as persoas de máis de 55 anos. “Nunca é tarde para formarse. É moi importante facilitar ás persoas adultas o seu desenvolvemento persoal e social e promover a ciencia e a cultura entre elas, teñan titulación universitaria ou non”, explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que nos vindeiros días asinará un convenio de colaboración coa universidade viguesa para o desenvolvemento destas actividades.
En total serán seis seminarios divididos en tres temáticas diferentes que se impartirán de balde e con acceso libre no Centro Social Polivalente entre o 31 de agosto e o 15 de setembro. Así, a profesora Elisa Pereira García será a encargada de achegar ás persoas asistentes ao mundo da arte e da historia cunha sesión divulgativa sobre o patrimonio do concello rosaleiro o mércores 31 de agosto de 16.30 a 18.30 horas que rematará cunha visita aos petróglifos do Ghorghalado e á Capela da Madalena o xoves 1 de setembro de 16.30 a 19.30 horas.
O seminario relacionado coa tecnoloxía e o uso de ferramentas no teléfono móbil será impartido polas docentes da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo María Rodríguez Damián e Amparo Rodríguez Damián. O mércores 7 de setembro (de 16.30 a 19.00 h) traballarán con todas e todos os asistentes de forma teórico-práctica sobre a configuración básica do teléfono móbil, o uso de whatsapp, as videochamadas, as lecturas de códigos QR e as aplicacións de banca electrónica e pago. Ao día seguinte, a sesión centrarase en outras aplicacións como os calendarios de vacinación e medicacións, a petición de citas médicas, a localización de persoas. Este seminario impartirase de 16.30 a 19.00 horas.
O programa rematará a súa visita ao Rosal cun seminario sobre saúde e benestar no que José Luis García Soidán, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, falará sobre a contorna natural e a alimentación o mércores 14 de setembro de 16.30 a 18.30 h. O colofón final será unha ruta cardio-saudable o xoves 15 de setembro de 16.30 a 19.30 horas dende a bodega Lagar de Cervera, en Fornelos.
O obxectivo desta iniciativa é “achegar a Universidade e os seus estudos tamén ás persoas maiores que viven no rural e que non puideron acceder no seu día á universidades ou xente que si o fixo pero que quere aprender cousas novas ou reciclarse”.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL