E volveu a triunfar o ciclismo. A segunda edición da Xarotos Gran Fondo encheu este domingo de paixón polas dúas rodas O Porriño. Máis de dous centenares de corredores lanzáronse a conquistar o Coto dos Xarotos, despois do paréntese forzado que supuxo a pandemia.
Había máis ganas de rodar ca nunca e o día favoreceu ao evento que arrancou ás 8:45 h da mañá entre a emoción dos reencontros e os sorrisos de rigor para o posado no control de firmas. Semblantes de felicidade que mudaron en concentración ante a inminente saída ás 9h dende o Concello con dous posibles percorridos: a Xarotos Gran Fondo; de 132 km e 3000 m de desnivel acumulado, ,e a Xarotos Medio Fondo, de 76 km e 1400 de desnivel.
A Xarotos Gran Fondo é unha proba ciclista case única en Galicia. Trátase dunha marcha profesional ciclodeportiva na que non hai paradas obrigatorias, foron os propios corredores os que decidiron os ritmos. A música marcou e motivou o ritmo de ascenso nunha subida tranquila e sen percances, a excepción do molesto e graciosillo señor do mazo que non dubidou en incordiar aos ciclistas.
Dispuxéronse distintos puntos de avituallamento e hidratación, con algún dulce especial na última parada para conseguir ese impulso extra que permitira alcanzar a meta e, en todo momento, os corredores contaron con atención técnica e sanitaria.
Arredor das 11:40 h, os corredores de Medio Fondo, e hacia as 14:40 h, os de Gran Fondo, chegaron á meta para disfrutar dunha gran festa final. A boa música aderezou unha velada chea de sorpresas, regalos e premios, con sorteo de xamóns e a entrega dos trofeos no podio.
Nuno Torres; en categoría masculina, e Almudena Vázquez, en feminina, foron os primeiros en cruzar a liña de meta na clasificación Xeral Gran Fondo, cunhos tempos de 2h45:08.540 e 3h29:15.771, respectivamente. O premio en parellas foi para Cristina Vara e Iago Torres que marcaron 3h51:50.797.
O récord de ascenso no Coto dos Xarotos foi para Juan Vidal Rodriño, do Club Ciclista Farto, que parou o cronómetro en 13:18.464 en categoría Sénior. Bryony IZZARD foi a máis veloz en ascenso das mulleres cunha marca de 20:28.730, tamén como sénior.
Por categorías, en Veteranos A Masculino (dende os 30 aos 39 anos) o mellor tempo foi para o gañador da Xarotos Gran Fondo, Nuno Torres, que marcou no reloxo 13:30.355. Alberto Amaral impúxose como o máis rápido con 14:51.057 na categoría Veteranos Masculino C (dende os 50 aos 59 anos). Por último, en Veteranos Masculino D (a partir de 60 anos de idade), o récord foi para Luis Riobo, que marcou 17:44.169.
No tocante á clasificación feminina, en Veteranas B o mellor crono foi para a gañadora da Xarotos Gran Fondo Almudena Vázquez, cunha marca de 20:35.214. Rosa Márques impúxose en Veteranas C con 23:36.524.
O mellor tempo na Subida a Xarotos foi para a parella formada por Antón Iglesias e Andrea Gómez, que pararon o crono en 19:01.370. Ricardo Tavares e Johana Taborda foron os gañadores da Xarotos Medio Fondo, cuns tempos de 1h10:06.251 e 1h25:40.224, respectivamente. As clasificacións completas están dispoñibles para consulta na web de Magma Sports.
Péchase unha segunda edición de éxito, pero comezan xa as ganas e a ilusión de vovler a disfrutar do pracer de pedalear, da montaña, do asfalto e das paisaxes de vértigo na Serra de O Suído.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL