A Mostra de Cultivos do Baixo Miño quenta motores para celebrar a súa décimo quinta edición cunha morea de novidades. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam) e polo Concello de Tomiño, a mostra celebrarase os vindeiros 2, 3 e 4 de marzo no pavillón municipal de Goián e terá como eixo central a historia do agro na comarca, facendo un percorrido polo que é, o que representa na actualidade e cara onde camiña, a través de diversas actividades.
Deste xeito, a mostra achegará ao público participante aos inicios do agro no Baixo Miño cunha exposición fotográfica das principais épocas do sector, que permitirá apreciar a súa evolución ata hoxe en día e servirá para facer unha radiografía do presente a través dos preto de 30 expositores que estarán no evento. O futuro chegará un ano máis da man de Acubam Innovación, un certame que acada á súa terceira edición recollendo innovacións tecnolóxicas aplicables a calquera elo da cadea de valor do agro na comarca.
A XV Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega con varias novidades na súa programación. Entre elas, a presentación da apertura da convocatoria e as bases de participación dos Premios Xardinería 2018, organizados por primeira vez por Acubam e pola Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar).
Nesta décimo quinta edición Acubam quere fomentar a responsabilidade civil da asociación e achegarse máis á sociedade da contorna e farao colaborando co centro de educación especial San Xerome, de A Guarda. Durante toda a xornada do domingo 4 de marzo, o alumnado deste centro venderá na mostra os produtos doados polos expositores, para recadar fondos para o proxecto de reforma dunha bañeira terapéutica nesta entidade.
A mostra contará un ano máis con conferencias e xornadas técnicas especialmente dirixidas aos profesionais do sector, pero que tamén están abertas ao público en xeral. Así, o evento arrancará o venres 2 de marzo ás 11.30 horas coa mesa técnica sobre sanidade vexetal, que reunirá a importantes expertos na materia para debater sobre a importancia da diagnose e a definición dos protocolos de actuación na loita contra pragas, facendo especial mención do caso Xylella. A programación continuará pola tarde, ás 16.00 horas, cunha mesa sobre o modelo de negocio no agro na que se afondará na necesidade de potenciar a profesionalización do sector a través da mellora de competencias e capacidades dos xerentes das empresas e no que se estudarán diversas fórmulas de éxito no ámbito da xestión empresarial.
O sábado 3 de marzo dedicarase á mañá ao acto inaugural da mostra, para dar paso pola tarde (16:30 h) a unha xornada sobre a auga no rural, no que a asociación Coxapo divulgará a importancia dunha óptima xestión da auga e abordará temas como os plans hidrolóxicos, as regulacións nos plans de seca, a garantía sanitaria do recurso ou o problema do radón en Galicia. Esa mesma tarde o público tamén poderá participar nun obradoiro de empregabilidade (16.:00 h) e noutro de xardinería ecolóxica (16:30 h) impartido pola Fundación Sales e a Asociación Española de Jardinería Ecológica e dirixido a público de todas as idades.
A última xornada da mostra, o domingo 4 de marzo, estará máis centrada en actividades para toda a familia, coa celebración por exemplo dun obradoiro lúdico con talleres ecolóxicos, probas físicas, obradoiros de reciclaxe e xogos tradicionais para espertar entre os e as participantes a curiosidade polo sector e dirixido pola granxa escola Corazón de Carballo. A mostra rematará cun concerto do grupo Rock Percusión, integrado por alumnado do centro San Xerome, a partir das 19:00 horas.
Ao longo dos tres días que dura a mostra, o público tamén poderá desfrutar dunha exposición de arte do Colectivo Somosarte, composto por artistas, escultores e pintores locais que amosarán as súas obras vinculadas á temática do agro no Baixo Miño.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL