O BNG mantivo un encontro co comité de empresa de Povisa tras coñecerse a intención da multinacional Centene, actual propietaria do hospital, de vender o centro a outra multinacional, Vivalto Santé; venda que se produce dentro dunha operación na que tamén se inclúen os hospitais Polusa en Lugo e Juan Cardona en Ferrol.
“Esta información está xerando enorme preocupación pola constatación de que a prestación sanitaria á 130.000 persoas da Área Sanitaria de Vigo e 1.400 postos de traballo están convertidos en mercancía, negocio para multinacionais, toda vez que esta venda pretende realizarse apenas tres anos despois de que fora adquirida pola multinacional estadounidense a prezo de ganga, tras ser rescatado por 24 M€ e capitalizado con cartos públicos”, explica a portavoz parlamentaria de sanidade, Montse Prado.
Prado traslada a total oposición do BNG a esta operación que, ademais, “compromete o dereito á saúde”, e demanda do Goberno do PP que poña fin “á anomalía de ter a case a metade da poboación da área de Vigo recibindo asistencia sanitaria nun hospital privado”. En lugar de permitir a venda especulativa de Povisa, reclama, “póñanse a traballar para mercar este centro e integralo na rede sanitaria pública e poñer en marcha toda as actuacións necesarias para que a totalidade da poboación da área sanitaria de Vigo reciba atención na sanidade pública”, alega.
O BNG destaca que o concerto da Xunta con Povisa é o máis caro xa non da sanidade pública de Galiza, senón de todo o Estado español, polo cal realiza a prestación dos servizos de asistencia hospitalaria a 135.000 persoas dos centros de saúde dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e aqueloutros que a administración determine do concello de Vigo, no que traballan 1.400 profesionais.
“Estamos diante dun tema de enorme relevancia, supón un paso máis na estratexia do PP de poñer a sanidade publica en mans do capital transnacional, o 70% da sanidade privada que existente en Galiza está en mans de empresas foráneas que só buscan o negocio, e estalles posibilitando que cada vez teñan máis capacidade de presión e de condicionar a sanidade pública”, advirte.
A deputada nacionalista destaca que “o valor fundamental deste hospital é o concerto que o Sergas mantén co mesmo, 84 millóns de euros máis IVE, ao que se engade o que a Xunta abona por outro servizos sanitarios como maxilofacial, queimados ou os cinco millóns de euros que recibe do SERGAS para que rebaixe as listas de agarda da sanidade pública”.
En total, explica Prado, “o 80% da súa facturación anual de máis de cen millóns de euros son con cargo aos impostos que pagamos os galegos e as galegas”, denuncia, en definitiva Ribera-Povisa é o maior hospital privado de Galiza, “pero que vive de recursos público”.
O BNG destaca que o goberno do PP, lonxe de actuar para garantir a calidade asistencial ou os dereitos laborais do cadro de persoal, ten ido na dirección contraria, “traballando para capitalizar este hospital privado para facilitar a súa venda é o negocio privado, o PP desde a Xunta actúa como unha máquina para xerar beneficio ás empresas de fora, ao capital especulativo e o que lle demandamos e que deixe de actuar como comercial destas multinacionais.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL