O Centro Cultural encheuse o venres para celebrar os logros e méritos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas do municipio, na XI Gala do Deporte guardés.
A gala comezou coa reproducción dunha montaxe audiovisual coa que o público reviviu a emoción que, en maio de 2017, alagou o pabillón da Sangriña tras a victoria do Mecalia Atlético Guardés na Liga Loterías. Esta é, segundo relatou o presentador, Terio Carrea, unha mostra da «boa saúde da que goza o deporte na Guarda».
A actriz Beatriz Campos tamén participu no evento, amadriñado pola xogadora e capitana do Atlético Guardés, Estela Doiro, cun monólogo humorístico centrado nas súas propias habilidades deportivas e nos mitos que rodean ao popular presentador da gala.
A entrega de premios incluíu o recoñecemento aos atletas guardeses máis detacados, da man do presidente do Club de Tenis Codesal, Javier del Amo. Así, animouse a subir ao escenario ao «home máis rápido da Guarda», o velocista Sergio Rodríguez, que ven de conseguir o seu duodécimo título de Campión Galego Absoluto; a atleta Elsa pena, aínda cun nocello mancado tras a victoria acadada fai uns días no Campionado Galego; os veteranos atletas Antonio Pena e Manuel Flores, campiones galegos nas súas respectivas categorías; e os irmáns Álex e Cristian Sierpes, novos atletas que acumulan xa numerosos recoñecementos e veñen de compartir podio no XXIX Campionato Galego de Marcha en Ruta.
O equipo de atletismo do Club San Xerome, composto por Luis Antonio Sandez, Borja Cadilla e Armando Verde, recibiu tamén un merecido recoñecemento, grazas ao bronce acadado polos tres deportistas no Campionato de España de campo a través en 2017.
Os xogadores do equipo A Guarda Hockey Liña, Sheila Silva, Pablo Castro, Claudia Rial e Lucas Moreira, recibiron un premio da man do xefe de servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, pola súa recente convocatoria na Selección Galega de Hockey Liña. A nai de Lucas Moreira foi a encargada de recoller o premio do xogador, ausente na gala por mor doutros compromisos deportivos.
Mª Concepción Ortega, membro da Corporación Municipal, foi a encargada de entregar os recoñecementos ás judocas Tecla Cadilla (ausente na gala), actual campioa da Supercopa de España na categoría -57 kg; e Verónica Pérez, subcampeoa de España infantil en -44 kg; e o tamén judoca Brais Pereira, medalla de prata na Copa de España Júnior na categoría -81 kg. A eles uníronse a recoñecida ciclista de ciclocross Montserrat Martínez e o tamén ciclista Aser Estévez, gañador autonómico no ránking de carretera en categoría Élite.
O remeiro Damián Alonso, que ven de gañar dous ouros e un bronce no Campionato do Mundo de Remo Indoor, recolleu un merecido premio polo éxito europeo acadado o pasado ano da man de Jorge Pazos, ao igual que os remeiros de San Xerome-Robaleira, Jaime Álvarez e Rosa Álvarez, campiones ambos de remoergómetro adaptado a nivel nacional. Igualmente, recoñeceuse o traballo do remeiro Rodrigo Conde, actual subcampión de España de remoergómetro, e o veterano Jesús González, bronce no Campionato de España de remoergómetro, malia que ambos desculparon a súa asencia por cuestións de axenda.
A gala tamén agradeceu o labor de persoas que, como Serafín González, contribuíron co seu labor á promoción do deporte na vila. Así, a concelleira Teresa Vicente entregou ao exdirectivo do Club de Remo Robaleira un agasallo co que se recoñeceu a súa traxectoria ao fronte da entidade ata o 2017. De igual xeito, Andrés Mirás subiu ao escenario para recibir un recoñecemento polo seu labor como impulsor da petanca na vila, un deporte que gaña adeptos e conta na actualidade con catro novas pistas para a súa práctica no antigo campo de fútbol do Codesal.
Nesta mesma liña, Valentín Carrero e José Ignacio del Pozo (este último ausente), recibiron un agasallo en agradecemento por retomar a andaina do equipo Gimnástico Deportivo Miño dende o ano 1997 ata o 2017; e a Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) tamén participou no evento en calidade de premiado, polo seu apoio ao deporte local a través do patrocinio ao Club de Balonmán Atlético Guardés. Joaquín Cadilla, en representación da organización, foi o encargado de recoller o galardón, entregado pola concelleira guardesa e deputada provincial, Montserrat Magallanes.
A natación tamén tivo cabida no evento deportivo, co recoñecemento aos éxitos a nivel autonómico acadados pola nadadora guardesa Rosalía Soler. Deseguido, recoñeceuse os logros no ámbito do balonmán, co Atlético guardés como gran protagonista. Así, en primeiro lugar, dedicouse unha caloroso recoñecemento á madriña do evento e, xunto a ela, premiouse á cadete do Atlético Guardés e xogadora da selección galega, Ithaisa Trigo; «o presente e o futuro no balonmán», referiu Terio Carrera.
Finalizando a gala, sumáronse á celebración no escenario a xogadora Ana Portu, o presidente José Manuel Silva e o membro da directiva, Juan Rodríguez, que recibiron un galardón en representación do Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, gran símbolo do éxito e o deporte na vila.
O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, quixo pechar esta undécima Gala do Deporte dando á benvida ás novas entidades e asociacións deportivas de baloncesto, petanca e volei praia, que veñen de crearse na Guarda. Así mesmo, o rexedor local anunciou a creación de novas instalacións deportivas, tales como un ‘training box’ e unha nova pista de skate, coas que se contrinuirá á práctica destes deportes.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL