O Bloque Nacionalista Galego de Vigo propón a creación dun Bono de Consumo que permita mitigar o grave impacto da inflación nas familias e no pequeno e mediano comercio local. A fronte nacionalista chama a despregar todos os medios do Concello para enfrontar o actual contexto de emerxencia social e económica derivado dun incremento disparado dos prezos, que se sitúa xa no 11,7% na cidade. “Trátase dunha medida que permitiría incrementar a capacidade de compra dun número moi importante de familias da nosa cidade, para que estean en mellores condicións de sortear este período de graves dificultades, así como estimular o consumo no pequeno e mediano comercio local”, explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas.
O edil nacionalista sinalou que este Bono de Consumo no comercio local sería semellante ao aplicado en numerosos concellos galegos durante a pandemia, unha medida que o goberno de Abel Caballero se negou a poñer en marcha de forma sistemática. Igrexas cifrou en 3,5 millóns de euros a partida inicial para este complemento, unha cantidade “lixeiramente superior” ao que se vai destinar este ano para os concertos de verán.
O concelleiro do BNG alertou dunha situación límite para centos de familias traballadoras viguesas que “teñen dificultades para afrontar os gastos máis básicos e garantir con medios suficientes a súa subsistencia material”. Un crecente empobrecemento, asegurou, que se traduce nunha caída do consumo que afecta con especial dureza ao pequeno e mediano comercio da cidade.
Igrexas salientou que o Concello de Vigo dispón dunha “ampla capacidade orzamentaria” e ten que priorizar o uso deses recursos para “axudar a quen máis o necesita”, así como estimular ao comercio local que “dinamiza e vertebra os nosos barrios e parroquias e crea emprego digno e estábel”.
Desde a fronte nacionalista insistiron na urxencia de que todas as Administracións Públicas actúen para responder a esta situación de emerxencia social. No caso do Concello de Vigo, o edil do Bloque reiterou a necesidade de que se convirta nun “verdadeiro parapeto social” que protexa ás clases populares e traballadoras.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL