Coa celebración este xoves da sesión constituínte do Claustro Universitario arranca unha nova lexislatura tras as eleccións celebrada o pasado 4 de maio nas que o reitor Manuel Reigosa foi reelixido no cargo. Esta foi a primeira xuntanza da novena lexislatura dun órgano que nesta nova andaina está formado por 228 membros, dos cales 203 foron elixidos no proceso electoral e 25 son membros natos (o reitor, o secretario xeral, a persoa que se ocupe da Xerencia e as e os decanos e directores de facultades e escolas).
A sesión arrancou coa constitución da Mesa de Idade, da que forman parte o reitor, o secretario xeral e dous representantes por cada un dos sectores do Claustro, que serán o de maior e de menor idade en cada sector. Esta mesa foi a encargada de iniciar a sesión mentres se elixía a Mesa do Claustro, que quedou conformada para o próximos catro anos. O presidente será o reitor, mentres que os labores de secretaría lle corresponden o secretario xeral da Universidade e, xunto con eles, dous representantes de cada sector. Polo PDI-B Pablo Izquierdo e Juan José López Escobar; polo sector estudantes Ruth Davila e Miguel Fernández Simoes; en representación do PAS Federico Fernández Fernández e Noelia Mª Rivera e no PDI-A, único sector no que foi preciso realizar votación, as persoas elixidas para formar parte da mesa son Manuel Martínez Piñeiro e María del Mar Rodríguez Domínguez.
Esta xuntanza foi a máis concorrida dende o inicio da pandemia, a pesar de que se permitiu a asistencia tanto presencial como virtual. De feito, as votacións que se realizaron para as eleccións de membros de diferentes órganos realizáronse tanto en persoa como a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Unha vez constituída a Mesa do Claustro abriuse a votación para a elección dos membros do Consello de Goberno, que quedou conformado polo reitor, o secretario xeral e a persoa que ocupe a Xerencia, 15 membros designados polo reitor e os 20 membros elixidos polo Claustro de entre os seus membros. Deste vinte, oito corresponden ao sector PDI-A (Jacobo Porteiro, José Carlos López Ardao, Álvaro Xosé López Mira, Rafael Durán, Pedro Araújo, Mª Concepción Paz Penín, Raquel Arévalo e Mª Carmen Ruíz Hidalgo); dous ao sector PDI-B (Mª Salomé Álvarez Álvarez e Mª Covadonga Barreiro); oito aos estudantes (Estela Lima, Miguel Fernández Simoes, Manuel Diz Folgar, Noa González Seoane, Ruth Davila, Uxía Pérez García, Adrián Alonso e Pablo Abelleira) e dous do colectivo do PAS (Anabel González Penín e Carlos Mollinedo), aínda que neste caso non foi preciso realizar votación.
Tamén se elixiron 15 membros entre as persoas decanas e directoras dos centros e departamentos, resultando elixidos Mª Ángeles Peña, Francisco Javier Rodríguez Rajo, Mª Montserrat Cruz, Consuelo Currás, Mª del Mar Rodríguez Domínguez, Francisco Javier Rodríguez Martínez, Juan Picos, Coral Del Río, Francisco Javier García Cutrín, Rebeca Díaz, Juan Pardo Froján, Xosé Manuel Cid, Mª Soledad García Fontán, Humberto Michinel e Mª Consuelo Pérez Vázquez. Ademais das persoas elixidas nesta sesión, completan o Consello de Goberno tres representantes do Consello Social non pertencentes á comunidade universitaria e recoñécese a presenza con voz de catro representantes sindicais, un por cada forza máis votada entre o PDI funcionario, o PDI laboral, o PAS funcionario e o PAS laboral.
Nesta sesión tamén foi preciso realizar votacións para a elección dos 12 membros da Comisión Electoral, que se unen neste órgano ao reitor e ao secretario xeral. Dos membros electos, tres corresponden ao profesorado doutor con vinculación permanente; tres a outro persoal docente e investigador, tres ao estudantado e tres ao persoal de administración e servizos, neste dous últimos sectores non foi necesario realizar votación.
Para o resto dos puntos da orde do día, que incluía a elección dos membros dos consellos de campus e da Comisión de Reclamacións, non foi necesario realizar votacións, xa que había catro candidaturas para seis postos. Dúas candidaturas que se presentaron fóra de prazo, “levaranse ao próximos Claustro”, tal e como indicou o reitor. Así, a Comisión de Reclamacións quedará conformada polo reitor e seis profesores con ampla experiencia docente e investigadora, pertencentes ao corpo de catedráticos/as da universidade de diversas áreas de coñecemento. Os consellos de campus quedan conformados polo reitor e a vicerreitora correspondente, xunto con representantes do PDI, o PAS e o alumnado.
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL